Illa do Príncipe Eduardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Illa Prince Edward")
Illa do Príncipe Eduardo
Bandeira de Príncipe Eduardo Blason province ca Île-du-Prince-Édouard.svg
Bandeira Escudo
Localización
Mapa da Illa do Príncipe Eduardo.

[[]]
Datos
Capital Charlottetown
País Canadá
Linguas
Poboación (2008) 139.407 hab.
Superficie 5.683´56 km2
Densidade 23´9 hab/km²
Concellos
Coordenadas 46°20′N 63°30′W / 46.333°N 63.500°W / 46.333; -63.500
Maior Altura

A Illa do Príncipe Eduardo (en inglés: Prince Edward Island, e en francés: Île-du-Prince-Édouard) é unha das provincias marítimas de Canadá. É unha illa rodeada polo Océano Atlántico e separada do territorio de Novo Brunswick polo Estreito de Northumberland. Recentemente foi unida ao continente norteamericano polo Ponte da Confederación.

É a provincia máis pequena de Canadá. A súa capital é Charlottetown, coñecida como o berce da Confederación Canadense, aínda que a provincia non se asociou á Confederación ata máis tarde.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa coñécese como o Xardín do Golfo, xa que se atopa no Golfo de San Lorenzo, ao oeste da Illa de Cabo Bretón, ao norte da península de Nova Escocia, e ao leste de Novo Brunswick. As costas do sur forman o Estreito de Northumberland. A illa conta con dúas zonas urbanas. A máis grande céntrase no porto de Charlottetown, situada no medio da costa do sur; consiste na capital, Charlottetown, varias comunidades residenciais como Cornwall e Stratford, e unha franxa cada vez máis ancha de urbanizacións e desenvolvemento urbano. Outra zona urbana céntrase no porto de Summerside, situada na costa do sur 40 km ao oeste do porto de Charlottetown; consiste ante todo na cidade de Summerside. Estes portos, como todos os portos naturais da illa, son creados por rías.

Clima[editar | editar a fonte]

Costa da Illa, coa súa famosa praia vermella.

A Illa do Príncipe Eduardo, debido á súa localización (rodeada por grandes corpos de auga) posúe un clima máis estable e ameno que o resto do país, rexistrando as temperaturas máis altas de Canadá durante o inverno e as máis baixas durante o verán. Polo cal, o tempo co que conta a provincia tamén é moi estable, con condicións climáticas que pouco varían durante un día dado.

Por outra banda, o seu pequeno tamaño fai que o clima sexa en gran medida homoxéneo en toda a provincia. A rexión oeste da illa posúe temperaturas levemente máis baixas durante o inverno e máis altas no verán, en relación coa rexión este, debido á súa maior proximidade co corpo principal do continente.

Durante o inverno, a Illa do Príncipe Eduardo posúe unha temperatura media de -7 ºC. A media das mínimas é de -12 °C e a media das máximas, de -3 °C. A temperatura máis baixa que se rexistrou na provincia é de -37 °C, ocorrida en Alberton, o 26 de xaneiro de 1884. Durante o verán, posúe unha temperatura media de 19 °C. A media das mínimas é de 13 °C e a media das máximas, de 22 °C. E, á súa vez, a temperatura máis alta que se rexistrou na provincia é de 37 °C, ocorrida en Charlottetown, o 19 de agosto de 1935. A súa taxa de precipitación media anual de choiva é de 111 centímetros, mentres que a de neve é de 276 centímetros.