Illa Plana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Plana

Plana é unha illa de España, na Rexión de Murcia situada diante da localidade de Isla Plana, polo que ás veces chégase a coñecer como A Illa de Isla Plana. En realidade é a poboación a que recibe o nome da illa. É unha das illas máis pequenas da rexión de Murcia, pois ten exactamente unha hectárea de superficie. É recortada, con entrantes e saíntes, aínda que a súa superficie é completamente chaira, cuberta de herba (seca a maior parte do ano) e atravesada por algún carreiro, o que é indicio de que é fácil de abordar desde a costa (da que dista escasos metros). Forma parte do parque natural murciano Illas e Illotes do Litoral Mediterráneo.