Illa Mosquito
| Illa Mosquito | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Reino Unido |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Non permanente |
| Superficie | 0´5 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 18°28′N 64°23′W / 18.467°N 64.383°W |
| Maior Altura | 50 m. |
| Localización | |
Illa Mosquito (inglés Mosquito Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no Caribe pertencentes ao Reino Unido.
Xeografía [editar]
Illa Mosquito atópase no Mar Caribe preto de 10 quilómetros ao nordés da illa principal de Tórtola e só a uns 100 m ao norte da "Anguía Point" en Virgin Gorda e aproximadamente 1 km ao suroeste de Illa Necker.
A illa é de orixe volcánico ten unha superficie de ao redor de 0,5 km². A altura máxima é duns 50 metros sobre o mar
É totalmente de propiedade privada e non ten poboación permanente.
A illa só se pode chegar por barco, o transbordador desde Tórtola tarda uns 30 minutos.
Historia [editar]
Mosquito foi descuberta 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ó Novo Mundo.
O nome vén de Mosquito, uns nativos americanos que vivían na illa antes da 1500.
En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga.
En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.
En 2007 comprou a illa o aventureiro e empresario Sir Richard Branson e agora toda a illa é de propiedade privada. Branson tamén é propietario da Illa Necker.
Hoxe a illa está deserta, en previsión do despregamento dun complexo turístico planificado.