Illa Mono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Mono
Localización das Illas do Tesouro (Treasury Islands)
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaOccidental
ArquipélagoIllas Treasury
MarOcéano Pacífico
Coordenadas7°21′S 155°34′L / -7.350, -155.567
Xeografía
Superficie96 km²
Longura máxima16
Largura máxima7,5
Punto máis alto355 m
Demografía
CapitalFalamae
Densidadehab./km² hab./km²

A illa Mono é unha illa volcánica no noroeste das Illas Salomón. Está separado polo estreito de Blanche Harbour da Illa Stirling e das outras illas de coral que o rodean. O pobo de Falamai é o principal núcleo de poboación da illa. A illa está bordeada por cantís de pedra calcaria de máis de vinte metros de altura. A illa ten ao redor de 1800 habitantes.

O terremoto do 1 de abril de 2007 e o tsunami tralo terremoto causou danos considerables en Mono. Cinco casas e todos os edificios escolares colapsaron e catro persoas foron reportadas como desaparecidas.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial as tropas xaponesas ocuparon Mono durante a súa invasión das illas Salomón. O 27 de outubro de 1943, tropas da Mariña dos Estados Unidos e de Nova Zelandia aterraron en dous lugares: en Falamai (lugar da base xaponesa da illa) no sur, e en Purple Beach en Soanotalu no norte. O 7 de novembro a illa estaba baixo control aliado. Doce estadounidenses e corenta neozelandeses morreron durante a campaña. Para os neozelandeses, foi a primeira operación anfibia desde Gallipoli.

A Illa Stirling converteuse nunha enorme pista de aterraxe dos aliados, que foi abandonado logo do termo da guerra.

Turismo[editar | editar a fonte]

a Illa Mono é un paraíso para o mergullo e é de cando en vez un porto de escala para os buques de cruceiro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]