Illa McKean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
McKean
Atol McKean
Datos
País Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 0´4 km²
Superficie lagoa 0´2 km²
Nº de illas 1
Coordenadas 3°35′S 174°02′O / -3.583, -174.033
Maior Altura 5 m.
Localización
Localización do atol McKean

A illa McKean é unha illa pequena e deshabitada do grupo de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. A súa superficie é de 57 hectáreas.

McKean foi nomeada polo comandante Charles Wilkes o 19 de agosto de 1840, pero se cre que foi descuberta previamente por baleeiros do océano Pacífico. Foi reclamada polos Estados Unidos en marzo de 1859, baixo o disposto polo Acta de Illas Guaneras de 1856. O guano foi extraído intensamente e exportado desde 1859 ata 1870. As illas de cando en cando foron visitadas tras a finalización das actividades. En xuño de 1938, foi declarado un santuario natural para aves, e constitúe unha área protexida desde entón.

Ademais de expedicións naturalistas, foi visitada en outubro de 1989 pola organización TIGHAR (The International Group for Historic Aircraft Recovery) na procura dun posible lugar de aterraxe da aviadora desaparecida Amelia Earhart en 1937.

Xeografía[editar | editar a fonte]

McKean ten a forma dun óvalo rústico, de menos de 1 quilómetro de diámetro. Está rodeada por un arrecife plano, cunha praia coralina e un reborde de escollos tamén de coral que sobresaen ata 5 metros sobre o nivel do mar. O centro da illa está deprimido, cunha lagoa de pouca profundidade, hipersalina e con restos de guano ocupando o centro da illa. Non ten árbores, pero hai 7 especies herbáceas.

McKean conta coa maior cantidade de niños do paxaro Fregata (Fregata ariel), cunha poboación de ao redor de 85.000 exemplares. Describíronse ata 29 especies de aves, visitantes da illa. O único mamífero existente é a rata da Polinesia, o que suxire un descubrimento prehistórico da illa por mariños polinésicos. Tamén existen especies de lagartos gecos.

A illa non ten fontes de auga doce.