Illa Mansel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Mansel
Vista da illa
Mansel Island.jpg
Datos
Capital
País Canadá
Localización Baía de Hudson
Arquipélago Illas Árticas (Canadá)
Linguas
Poboación (2010) Deshabitada
Superficie 3.180 km²
Densidade
Coordenadas 62°00′N 79°50′W / 62.000°N 79.833°W / 62.000; -79.833
Maior Altura 120 m.
Localización
Localización  da illa

Illa Mansel (Mansel island; en inuktitut:Pujjunaq) é unha illa situada na canadense Baía de Hudson, Fronte á Península de Ungava. A illa forma da parte de Rexión Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa ten 3.180 km² de superficie. Ten 112 quilómetros de lonxitude e unha anchura duns 48. Mansel é a máis pequena das tres illas que afloran no norte da baía de Hudson, sendo as outras dúas Illa Southampton e Illa Coats. A illa está situada ao leste da Illa de Coats e a uns 60 quilómetros ao oeste da península de Ungava. O terreo é ondulado e apenas supera os 100 metros de Altura.

A illa é o fogar dunha reserva de renos.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa foi descuberta en 1613 polo explorador inglés Thomas Button e foi chamada Mansel en honra do vicealmirante Robert Mansel de quen Button desposara a unha sobriña a súa. Na illa atopanse restos arqueolóxicos da cultura Dorset de pobos indíxenas anteriores aos inuit. Unha estación comercial da Compañía da Baía de Hudson estivo activa en Swaffield Harbour, na costa setentrional da illa, de 1930 de 1932.

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aylsworth, J. M., and W. Shilts. Surficial Geology of Coats and Mansel Islands, Northwest Territories. [Ottawa]: Energy, Mines, and Resources Canada, 1991. ISBN 0660137453
  • Comock. Comock: the True Story of an Eskimo Hunter as told to Robert Flaherty. Photographs by Robert Flaherty. Text by Robert Flaherty and Edmund Carpenter. Jaffrey, N.H.: David R. Godine, 2003.
  • Furnell, D. J. Summer Polar Bear Tagging on Mansel Island, N.W.T. [Yellowknife]: N.W.T. Wildlife Service, Govt. of the Northwest Territories, 1979.
  • Polunin, Nicholas. Additions to the Floras of Southampton and Mansel Islands, Hudson Bay. Contributions of The Gray Herbarium, Harvard University, No.165. 1947.