Illa Kupreanof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Kupreanof
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
ArquipélagoArquipélago Alexander
MarOcéano Pacífico
Coordenadas56°48′N 133°25′O / 56.800, -133.417Coordenadas: 56°48′N 133°25′O / 56.800, -133.417
Xeografía
Superficie2.802´8 km²
Longura máxima84 km.
Largura máxima32 km.
Punto máis alto1.190 m. Sherman Peak
Demografía
CapitalKake (pob. 710)
Poboación785 (2000)
Densidade0´28 hab./km²

A illa de Kupreanof é unha das principais illas do arquipélago Alexander, pertencente á Área Censal de Petersburgo, na rexión sueste do estado de Alasca, nos Estados Unidos. Ten unha superficie de 2.802´8 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa de Kupreanof está localizada na parte nororiental do arquipélago Alexander. Está separada do continente, polo seu lado leste, polas augas do Pasaxe Interior; polo norte, polas augas do estreito Frederik, que a separan da illa do Almirantado; ao oeste, o estreito de Keku sepáraa da illa Kuiu; e ao sur, o estreito Sumner sepáraa da Illa Príncipe de Gales; ao sueste, os estreitos de Wrangell (Wrangell Narrows) sepárana das illas de Woewodski e Mitkof.

A illa ten 84 km de longo e 32 km de ancho. A península de Lindenberg, no lado sueste da illa considérase parte da illa. A península está separada do resto da illa por un estreito chamado canle Duncan. A poboación da illa era de 785 hab. no censo de 2000.

O maior asentamento da illa é Kake, no lado noroeste da illa. A outra cidade é Kupreanof, no lado oriental, no estreito Wrangell, fronte á cidade de Petersburgo na próxima illa de Mitkof. A illa atópase dentro dos límites do bosque nacional Tongass no Distrito Ranger de Petersburgo.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa leva o nome do Baron Ivan Antonovich Kupreianov (1800-57), un dos xefes da Compañía Ruso-americana.