Illa Kotelni
| Kotelni | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | |||||
| País | Rusia | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | |||||
| Superficie | 11.665 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 75°20′N 141°00′E / 75.333°N 141°E | ||||
| Maior Altura | 374 m. Malakatyn-Tas | ||||
Kotelni (en ruso oстров Котельный, óstrov Kotelni) é a illa principal do arquipélago ruso das Nova Sibéria, no Ártico. O arquipélago forma parte do grupo das Illas Anzhu situadas a norte das costas da Sibéria Oriental entre o mar de Laptev e o mar da Sibéria Oriental. No plan administrativo está incluída na República de Sakha (Iacútia). Kotelni, con 11.665 km², está conectada á veciña illa Faddeievski de 5.300 km², por unha ponte de area que foi formada ao longo dos séculos pretéritos: a Terra de Bunge con 6.100 km². O conxunto con 23.200 km² forma parte das 50 maiores illas da Terra. A Terra Bunge é pouco elevada (8 m de altitude máxima) e queda periodicamente submerxida. O punto máis alto da illa é o monte Malakatyn-Tas (374 m). A illa ten clima polar. A estación meteorolóxica da costa noroeste da illa marca unha temperatura anual media de -14,3 °C, sendo o mes máis quente Xullo, con 2,5 °C, e o máis frío Xaneiro con -29,8 °C. A precipitación media é de 131 mm repartidos ao longo do ano, cun lixeiro máximo en Xullo e Agosto. A superficie está cuberta de xeo ou tundra. Hai poboacións de raposos-árticos. Atopáronse en Kotelni esqueletos de mamut. A illa foi descuberta no século XVIII por Ivan Liachov, mercader ruso que buscaba ósos e dentes de mamut. A veciña illa Faddeev foi descuberta por Iakov Sannikov en 1805, que na compañía de Matvei Gedenstrom explorou e cartografiou as illas en 1808-1810.