Illa Grande do Gurupá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Grande do Gurupá
Mapa de Pará no que pode verse a illa Grande do Gurupá.
Canais do baixo río Amazonas
Situación
País Brasil
EstadoPará
MarRío Amazonas
Coordenadas1°0′S 51°30′O / -1.000, -51.500Coordenadas: 1°0′S 51°30′O / -1.000, -51.500
Xeografía
Superficie4.864 km²
Longura máxima129 km
Largura máxima45 km.
Demografía
CapitalItatupã

Illa Grande do Gurupá é a segunda illa máis grande do delta do río Amazonas, localizada próxima á confluencia dos ríos Amazonas e Xingu, a oeste da illa do Marajó, no estado do Pará, Brasil. A illa ten unha superficie de 4.864 km², sendo a 119ª maior illa do mundo e a 4ª maior do Brasil. É parte integrante do municipio de Gurupá, no Estado do Pará.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo o libro O grande Amazonas: mítologia, história e sociologia, o termo “gurupá” vén da unión do tupí guru (boca) e pa (larga), en razón das canles do Amazonas que circundan a illa.[1] Antes de chamarse illa Grande de Gurupá, chamábase “ilha de Tucujus” en virtude da tribo indíxena que a habitaba.[2]

Ao redor de 1620, os portugueses alarmados co número de feitorias inglesas e neerlandesas na rexión da foz do Amazonas decidiron actuar.[2] Nesa época existía na illa un posto de comercio inglés chamado Sapanapoku, así como unha fortificación holandesa, ambas con máis dun centenar de persoas, segundo narración do xesuíta portugués Luís Figueira.[2]

Na Revista do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro, de 1845, hai a seguinte descrición do aspecto salvaxe da illa a mediados do século XIX:

(...) [Gurupá] é opulenta en arbores do caucho e macacaúbas, de paus de macaco e cedros, o centro é un tanto elevado. Ten un lago florecente, e abundan os guacamaios, papagaios e periquitos, tapires amazónicos, veados vermellos, pacas, monos aulladores, porcos''-do-mato'' en pequeno número, macacos de prego e numerosos cutias.[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Gurupá está cortada por unha gran cantidade de ríos e paranás,[Notas 1] canles das augas do río Amazonas que os leva a un certo "vaivén", conforme a forza das mareas. Na illa e as súas adxacentes, onde afloran os sedimentos recentes, o terreo preséntase alagado en case a súa totalidade no período entre os meses de decembro a setembro

Nela se sitúa a "Reserva de Desenvolvimento Sustentável Itatupã–Baquiá", con 64.441,29 hectáreas, creada o 14 de xuño de 2005.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paraná é a canle que separa unha illa fluvial da marxe do rio ou tamén unha canle entre dous ríos. É unha palabra orixinaria dos tupis.
Referencias
  1. Mendonça de Sousa (1950), p. 414
  2. 2,0 2,1 2,2 Hemming & De Moura (2007), p. 813
  3. "cita". Revista do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro (Instituto historico, geografico e ethnographico do Brasil) 7. 1845. 
  4. "UNIDADES DE CONSERVAÇÃO - AMAZÔNIA RDS Itatupã -Baquiá". www.icmbio.gov.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 2019-02-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hemming, John; De Moura, Carlos Eugênio Marcondes (2007). Ouro Vermelho: A Conquista dos Índios Brasileiros (en portugués). Sao Paulo: EdUSP. ISBN 9788531409608. 
  • Mendonça de Souza, João (1950). O grande Amazonas: mítologia, história e sociologia (en portugués). Sergio Cardoso y Cia. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]