Illa Gran Malvina
| Gran Malvina | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | Port Howard | ||||
| País | Gran Bretaña | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2001) | 144 hab. | ||||
| Superficie | 4,532 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 51°47′51″S 60°07′55″W / 51.7975°S 60.13194°W | ||||
| Maior Altura | 700 m. Mount Adam | ||||
A Illa Gran Malvina (Inglés: West Falkland) é a segunda máis extensa do arquipélago das illas Malvinas no sur do Océano Atlántico, cunha superficie de aproximadamente 4,532 km² (5,413 km² incluíndo as pequenas illas adxacentes). É unha illa que presenta un terreo montañoso, separada da Illa Soidade por medio do Estreito de San Carlos.
Historia e características [editar]
A illa xeralmente posúe unha poboación que rolda os 200 habitantes, esparexidos nas áreas costeiras. O poboado máis importante é Port Howard, coñecido tamén como Porto Mitre na costa este, que habitualmente ten uns 15 residentes e conta coa súa propia pista de aterraxe. Outros sitios poboados son Albermarle, Chatres, Dunnose Head, Fox Bay, Fox Bay West, Hill Cove, Porto Stephens e Roy Cove, a maioría destes unidos por camiños, algúns posúen pistas de aterraxe e peiraos.
Na illa Gran Malvina non houbo accións de importancia durante a Guerra das Malvinas en 1982, posteriormente á guerra foron instalados dous postos da Royal Air Force: Mount Alice e Mount Byron. A economía baséase nas granxas de ovellas e no turismo; a illa é coñecida polas súas pingüíns e colonias de corvos mariños. A pesca é tamén popular nos dous ríos principais, o Warrah e o Chartres.
O punto máis austral da Gran Malvina é o Cabo Belgrano. No sur existen altos cantils onde abundan as aves mariñas e no oeste hai areosas praias con augas limpas e dunas onduladas con pastos altos. As praias son un lugar preferido polos elefantes mariños.
A illa atópase, como o resto do arquipélago, administrada polo Reino Unido como parte do territorio de ultramar das Illas Malvinas. Para a Arxentina, que a reclama, forma parte do Departamento Illas do Atlántico Sur dentro da provincia de Terra do Lume, Antártida e Illas do Atlántico Sur.