Illa Desroches
| Desroches | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Desroches |
| País | Seixeles |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 50 hab. |
| Superficie | 3´24 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 5°40′S 53°39′E / 5.667°S 53.650°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Île Desroches ou Desroches Island é a illa principal das illas do Almirante, parte das illas periféricas das Seixeles . Sitúase a 230 km ao suroeste de Mahé, a principal illa das Seixeles. Que ten 6´2 km de longo e ten unha superficie de 3´24 km². Ao longo da súa circunferencia de 15 km ten unha praia de area fina.
Historia[editar]
Desroches foi nomeada por Chevalier de Roslan, comandante da nave L'Heure du Berger. Foi explorada por Chevalier de la Billioère en 1771. Os británicos chamárona Wood Island, a illa de madeira debido á súa densa vexetación arbórea. A illa foi un importante produtor de copra.
Xunto co resto das Illas do Amirante, Desroches foi parte das Seixeles desde que se converteu nunha colonia en 1909. O 8 de novembro de 1965, o Reino Unido separou Desroches das Seychelles para formar parte do recentemente creado Territorio Británico do Océano Índico xunto con Farquhar, Aldabra e o Arquipélago de Chagos, pero regresou á Seixeles cos dous primeiros. O propósito era permitir a construción de instalacións militares para o beneficio mutuo do Reino Unido e os Estados Unidos. O 23 de xuño de 1976, Desroches foi devolto ás Seixeles por mor da consecución da independencia.
Xeografía[editar]
Desroches ten unha poboación de ao redor de 50 habitantes, un asentamento no centro da costa noroeste (mirando á lagoa), un pequeno hotel de luxo con 20 habitacións no sur (Desroches Island Resort), construído en 1988 e unha pista de aterraxe pavimentada de 1.372 m de longo na parte sur. Atópase a 36 km ao leste de Amirantes Bank, e separada dela pola auga a máis de 1300 metros de profundidade. Atópase no extremo sur dun atol. No extremo norte do atol atópanse as Shark Rocks, cunha profundidade de entre 3 e 6 metros. Hai un faro no extremo nordés da illa de Desroches. A illa está rodeada por un arrecife seco que se estende 1´6 quilómetros mar a dentro desde o extremo nordés e 0´8 km da extremidade suroeste do país. A illa é baixa e está cuberta de cocos e de altas árbores de madeiras duras. Unha profunda canle, de preto de 1´6 km de ancho, conduce á lagoa. A profundidade mínima na canle é de 18´3 m.. 