Illa Cornwallis, Nunavut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cornwallis
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Localización de Cornwallis

[[]]
Datos
Capital
País Canadá
Linguas
Poboación (2001) 215 hab.
Superficie 6,995 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 75°05′N 95°00′W / 75.083°N 95°W / 75.083; -95
Maior Altura
Fotografa satélite da Illa Cornwallis.

A Illa Cornwallis é unha das Illas da Raíña Isabel na Rexión Qikiqtaaluk, Nunavut, dentro do Ártico canadense (75°05′N 95°00′W / 75.083°N 95°W / 75.083; -95). Atópase ao oeste da Illa Devon. A súa lonxitude máxima son 110 km. Cun área de 6.995 km², é a 96 illa máis grande do mundo. A illa Cornwallis está separada da illa Devon polo Canle Wellington. Ao sur, o Canle Parry sepáraa da Illa Somerset. Ao noroeste da Illa Cornwallis atópase a Pequena Cornwallis, a maior dun grupo de pequenas illas ao norte de McDougall Sound, que separa a Illa Cornwallis da próxima Illa Bathurst.

O aeroporto de Resolute (Qausuittuq) na costa meridional serve de centro de comunicacións para as illas árticas centrais de Nunavut. Esta é a segunda comunidade máis setentrional de Canadá.

A Illa Cornwallis foi descuberta por William Edward Parry en 1819 e bautizouna en honor ao almirante da Royal Navy William Cornwallis.

Mapa da illa de Cornwallis