Illa Birnie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Birnie
Vista da illa
Birnie
Datos
Capital
País Kiribati
Localización Océano Pacífico
Arquipélago illas Fénix
Linguas
Poboación (2007) Deshabitada
Superficie 0´72 km²
Densidade
Coordenadas 03°35′S 171°33′O / -3.583, -171.550
Maior Altura
Localización
Birnie

A illa Birnie é unha pequena illa de coral de 20 hectáreas. Forma parte do grupo de illas Fénix, pertencentes a Kiribati. Está situada 100 km SE da Illa Kanton e 90 km ONO da Illa Rawaki. Birnie é unha illa deshabitada, mide 1,2 km de longo e 0.5 km de ancho.

A Illa Birnie é unha illa seca, cuberta por máis arbustos baixos que vexetación alta e posúe unha lagoa seca. Debido á natureza imperturbada da illa, vexetación e grandes colonias de aves de mar, as cales nidifican no territorio, a Illa Birnie foi declarada un santuario natural en 1975.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa foi nomeada Illa Birnie en 1823 polo Capitán Emment, aínda que o nome orixinal non é totalmente coñecido. Na década de 1860, a illa foi reclamada polo Acta de Illas Guaneras para os Estados Unidos. En 1889, as illas foron declaradas un protectorado británico. Foi pensado establecer unha colonia, pero desestimouse.

A illa Birnie converteuse en parte do protectorado das illas Gilbert e Ellice en 1937. En 1979, a illa pasou a ser parte da República de Kiribati, cando este país se independizou. Os Estados Unidos levantaron o seu reclamo en 1979 grazas ao Tratado de Tarawa. Aínda está deshabitada e de cando en cando é visitada.