Betio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illa Betio»)
Betio
Vista da illa
Datos
Capital
País Kiribati
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas Gilbert
Linguas
Poboación (1990) 28.082 hab.
Superficie
Densidade
Coordenadas 1°21′N 172°56′L / 1.350, -172.933
Maior Altura
Localización
Localización da illa

A illa Betio está situada no extremo suroeste de Tarawa, no grupo de illas Gilbert, pertencentes a Kiribati. O porto principal de Tarawa localízase aquí.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación en 1990 era de 28.802 persoas principalmente de orixe micronesio. Ten a densidade de poboación máis alta do Pacífico, equiparable coa de Hong Kong (China)

Historia[editar | editar a fonte]

Foi habitada por vez primeira probablemente hai máis de 2000 anos por un grupo de micronesios, que permaneceron alí cos seus costumes ata a chegada dos navíos británicos a finais do século XVIII e no século XIX.

A illa é coñecida pola batalla de Tarawa, na segunda guerra mundial. Aquí tivo lugar un masacre das forzas xaponesas, que decapitaron os civís de Nova Zelandia e de Fidxi antes das aterraxes das forzas dos Estados Unidos de América. O masacre puido ser provocado en vinganza pola axuda dada ao escape da captura de mariñeiros do buque mercante Nimanoa. Os mariñeiros escaparon nun barco pequeno, e navegaron a Fidxi. As noticias do masacre foron cubertas por autoridades británicas nese entón, ata o punto dos gobernos de Nova Zelandia e de Fidxi tiveron que informar ás familias os homes das súas mortes.

Desde os anos 70 o illote esta cada vez máis poboado, sendo o centro principal da actividade económica en Kiribati. A construción da calzada a Bairiki nos 80 aumentou aínda máis isto e actualmente é o lugar poboado con máis densidade do mundo.

Mapa de Betio da segunda guerra mundial