Ilaiaraxa
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Ilaiaraxa, nado o 2 de xuño de 1943 en Pannaipuram, Tamil Nadu (India), é un compositor, guionista e actor indio. Compón tanto música carnática coma música occidental. Executa o harmonium e a guitarra clásica.
Traxectoria [editar]
Ilaiaraxa foi durante longo tempo asistente do director musical G.K. Venkatesh. Compuxo máis de 4.000 cancións para máis de 750 filmes, ademais dunha sinfonía coa Royal Philharmonic Orchestra de Londres.
A música de Ilaiaraxa arguméntase sobre unha composición orixinal, adaptando unha mistura de melodías occidentais e de melodías moito máis contemporáneas e clásicas da India. O seu éxito válelle o nome de "Ragadhevan", así coma o de "Isai Gnani". A academia india outorgoulle o título de doutor.
Ofreceu entre 1961 e 1968 máis de 20.000 concertos co seu irmán Pavalar Varadaraxan.