Il nome della rosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O nome da rosa


Título orixinal Il nome della Rosa
Autor Umberto Eco
País Italia
Lingua italiano
Xénero(s) Novela policíaca, Novela histórica
Data de publicación 1980
ISBN ISBN 8845207056

Il nome della Rosa (O nome da rosa) é unha novela de Umberto Eco publicada en 1980. En 1986 foi levada ó cine polo director Jean-Jacques Annaud, baixo o título d' O nome da rosa. O personaxe principal foi interpretado por Sean Connery.

Índice

Argumento [editar]

No inverno de 1327, baixo o papado de Xoán XXII, Adso de Melk e o seu mestre Guillerme de Baskerville chegan a unha abadía, famosa pola súa impresionante biblioteca con estritas normas de acceso, situada nos Alpes italianos para organizar unha reunión entre os delegados do Papa e o emperador e poder discutir sobre a suposta herexía dunha rama dos franciscanos: os espirituais.

Porén, esta reunión vese ameazada por unha serie de asasinatos que aparentemente seguen a pauta dunha pasaxe do Apocalipse. Guillerme e Adso, saltándose en moitos momentos as normas da abadía, intentan resolver os asasinatos ata chegar ó trepidante final.

A historia é contada en primeira persoa polo xa ancián Adso, que desexa deixar un rexistro do que presenciou sendo mozo na abadía. O empeño posto en lograr unha ambientación adecuada implica que o autor use en repetidas ocasións citas en latín, especialmente nas conversacións eruditas entre os monxes. Tamén se reconstrúe con detalle a vida cotiá no mosteiro e a ríxida división horaria.

O significado do nome da rosa [editar]

O nome da rosa pode resultar un título moi confuso que causa a atención durante todo o traxecto da película, e unha intriga inquietante de saber que significa “a rosa”. Nunha entrevista Umberto Eco afirma que o título non foi posto ó rematar a obra, senón que o puxo despois de que a editorial rexeitara o de “Adso”. Eco quixo desviar a atención do lector para que quedase ó seu criterio. Realmente non existe un fundamento forte nin estable mediante o que se poida confirmar a orixe do título. Porén, unha interpretación plausible provén da última frase do libro: "Stat rosa pristina nomine, nomina nuda tenemus" (da rosa non resta senón o nome), que pode aludir a que, tralo incendio, de todo o acervo cultural e riqueza espiritual contidos na biblioteca da abadía quedou só o recordo.

Referencias a outras persoas e textos [editar]

A novela ten múltiples referencias máis ou menos explícitas. Adso é un tributo a Simplicio, un personaxe do Diálogo sobre os principais sistemas do mundo de Galileo Galilei (Ad simplicio, "para Simplicio") e ó Dr. J. H. Watson, compañeiro de Sherlock Holmes. Guillerme de Baskerville, alude polo seu nome, e en ocasións pola súa actuación, a Guillerme de Ockham e a Sherlock Holmes (protagonista do libro Hound of the Baskervilles). Tamén existen varias referencias a Jorge Luis Borges: Jorge de Burgos (o bibliotecario cego), a disposición da biblioteca-labirinto (segundo o modelo da "biblioteca de Babel" do libro Ficciones)...

Tamén se alude ó libro II da Poética de Aristóteles, sobre a comedia e a poesía iámbica, que se perdeu, aparentemente durante a Idade Media, e da que nada se coñece. É o libro que na novela causa a morte de varios monxes.

Realízase unha exposición do método científico e o razoamento dedutivo usado habilmente por Guillerme.

Repercusión [editar]

O éxito acadado pola primeira novela de Umberto Eco foi similar ó que obtivo a adaptación cinematográfica de Jean-Jacques Annaud en 1986. Na película Sean Connery interpreta ó monxe franciscano e antigo inquisidor, e Christian Slater a Adso.

Tamén inspirou un videoxogo a finais dos 1980 chamado A abadía do crime, así como un xogo de mesa aparecido en 1996, O misterio da Abadía, e un xogo conversacional denominado No nome do señor. [1].

Referencia e bibliográfica [editar]

Non existen traducións ó galego.

  • Eco, Umberto, El nombre de la rosa, y Apostillas a El nombre de la rosa, Editorial Lumen: Barcelona, 2005. ISBN 9788426414373

Ligazóns externas [editar]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: