Il ladro di merendine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Il ladro di merendine
Autor/aAndrea Camilleri
OrixeItalia
Linguaitaliano - siciliano
Xénero(s)Novela policial
EditorialSellerio editore
Data de pub.1996
Páxinas247
ISBNISBN 88-389-1319-6
Precedido porIl cane di terracotta (1996)
Seguido porLa voce del violino (1997)
editar datos en Wikidata ]

Il ladro di merendine é unha novela policíaca en lingua italiana de Andrea Camilleri, publicada en 1996, pola editorial Sellerio. É a terceira entrega da saga protagonizada polo Comisario Montalbano.

Trama[editar | editar a fonte]

O barco pesqueiro Santopadre, de Mazara del Vallo, na costa de Sicilia, é interceptado e ametrallado en augas internacionais por unha patrulla tunisiana, causando a morte dun mariñeiro tunisiano. No mesmo día, na vila imaxinaria de Vigata o comerciante Aurelio Lapecora aparece acoitelado no ascensor do seu edificio, e desaparece Karima Moussa, unha muller tunisiana.

Montalbano descobre que a muller traballa limpando a oficina do comerciante morto e que eran amantes. Amais, o fillo dela, François, tamén desaparece. Aisha, a nai de Karima, dálle a Montalbano a cartilla de aforros da filla, que ten depositatas cincocentos millóns de liras, unha suma demasiado alta para unha moza inmigrante que traballa na limpeza.

Ao regresar á comisaría logo de visitar a casa de Karima, Montalbano ve diante dunha escola un grupo de nais que protestan por un rapaz estranxeiro ao que acusan de ser un ladrón de merendas. Montalbano sospeita que pode ser François, e coa axuda da súa parella, Livia, e dos seus policías, recollen o rapaz, que se refuxiaba nunha casa abandonada.

Livia tranquiliza o rapaz levándoo a casa de Montalbano, aparecendo nela o istinto maternal e o desexo de formar unha familia con Salvo adoptando o neno. Ao tempo, Montalbano é informado da man dun socio do seu pai de que este está a morrer por mor dun cancro de pulmón.

O comisario descobre que o mariñeiro morto é Ahmed, un terrorista tunisiano, irmán de Karima, ao que mataron os servizos seretos italianos.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A novela foi adaptada a un filme para televisión en 1999, con Luca Zingaretti interpretando a Montalbano.