Iguana mariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iguana mariña
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Iguanidae
Xénero: Amblyrhynchus
Bell, 1825
Especie: A. cristatus
(Bell, 1825)

Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Amblyrhincus ater Duméril, 1837
  • Amblyrhincus cristatus Duméril, 1837
  • Amblyrhincus demarlii Duméril, 1837
  • Hypsilophus ater Fitzinger, 1843
  • Hypsilophus cristatus Fitzinger, 1843
  • Iguana null Gray, 1831
  • Oreocephalus cristatus Gray, 1845

A iguana mariña (Amblyrhynchus cristatus) é unha especie de réptil escamoso da familia Iguanidae.[2] É a única especie do seu xénero.

Especie endémica das illas Galápagos, habita as costas rochosas deste arquipélago ecuatoriano, aínda que é posible velas en mangleiros e praias. É o único lagarto moderno que depende do medio ambiente mariño, alimentándose case en exclusiva de algas mariñas.[3] Para alimentarse é quen de nadar no mar, pero esta actividade só é realizada polos machos adultos posto que son de maior tamaño; as femias e as crías aliméntanse cando baixa a marea e as algas quedan ó descuberto. Como resultado da súa alimentación, deben librarse do exceso de sal que inxeren, excretando sal concentrado en forma de cristais dende unha glándula do sal.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense as seguintes subespecies:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nelson, K., Snell, H. e Wikelski, M. (2004). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 19 de agosto de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Bisby F., Roskov Y., Culham A., Orrell T., Nicolson D., Paglinawan L., Bailly N., Appeltans W., Kirk P., Bourgoin T., Baillargeon G., Ouvrard D., eds. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life, 30th April 2012, ed. "Amblyrhynchus cristatus". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  3. Bauer, A. M. (1998). "Lizards". En Harold G. Cogger, David Kirshner. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians (en inglés) (2ª ed.). Academic Press. ISBN 0-12-178560-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]