Igrexa dos Santos Xusto e Pastor de Cuenca de Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa dos Santos Xusto e Pastor de Cuenca de Campos
Datos xerais
PaísEspaña
TipoParroquia
AdvocaciónXusto e Pastor
LocalizaciónCuenca de Campos, Provincia de Valladolid, Castela e León, España España
Coordenadas42°03′27″N 5°03′22″O / 42.0575, -5.0561111111111Coordenadas: 42°03′27″N 5°03′22″O / 42.0575, -5.0561111111111
CatalogaciónBen de Interese Cultural dende o 3/6/1931
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseValladolid
Arquitectura
Construciónséculo XVI
EstiloMudéxar
IdentificadorRI-51-0001004-00002
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa dos Santos Xusto e Pastor é un templo católico que se atopa na localidade de Cuenca de Campos (provincia de Valladolid).[1] Está declarado Ben de Interese Cultural.

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dun edificio do románico mudéxar construído no século XVI.[1][2]

Unha porta alintelada precedida dun pórtico permite acceder ó templo a través dunha das tres naves e a da Epístola. Ditas naves atópanse separadas por columnas da orde xónica e as armaduras que as cobren considéranse as mellores da provincia en arte mudéxar.[1][2]

As zapatas das columnas que sosteñen o teito foron decoradas no renacemento con bustos representando ás virtudes.[1]

Na capela maior destaca o artesoado que a cobre pola súa lacería, policromado e piñas de mozárabes.[1]

O retablo, construído ó redor do ano 1580, conta con tallas dos santos Xusto e Pastor, entre outras atribuídas ó artista Pedro de Bolduque.[1][2]

A igrexa conta cunha torre de ladrillo de dous corpos. O inferior alberga unha capela cuberta por bóveda de crucería gótica.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Igrexa dos Santos Xusto e Pastor Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. pueblos-espana.org
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Igrexa de San Xusto e Pastor Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. tierradecampos.com