Igrexa de Santiago de Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santiago de Taboada
Igrexa de Santiago
PaísEspaña
AdvocaciónSantiago Apóstolo
LocalizaciónTaboada (Silleda)
Coordenadas42°41′12″N 8°13′04″O / 42.6868, -8.2178Coordenadas: 42°41′12″N 8°13′04″O / 42.6868, -8.2178
Culto
DioceseLugo
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santiago de Taboada é a igrexa parroquial de Taboada, no concello pontevedrés de Silleda.

Descrición[editar | editar a fonte]

Situada ao pé da Vía da Prata e próxima á estrada N-525, esta igrexa presenta unha porta principal con arquivolta cun tímpano no que se representa a Sansón loitando contra o león. De fábrica do século XIII, destaca unha ventá de medio punto situada na ábsida, sendo esta rectangular. No interior destaca o retablo de Santiago a cabalo, do século XVIII.

Próximos a igrexa, atópanse un cruceiro e un sarcófago con forma de home.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]