Igrexa de Santa María de Vilaselán
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arquitectura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Coordenadas: 43°32′49″N 07°02′55″W / 43.54694°N 7.04861°W
A igrexa de Santa María de Vilaselán é o templo parroquial de Vilaselán (Ribadeo). Máis coñecida como Santuario de Nosa Señora da Vilaselán, é un edificio que data do século XVIII, que alberga no seu interior a imaxe da Virxe que lle dá sona en toda a Mariña lucense e occidente asturiano.
Arquitectura [editar]
Dispón dunha nave rectangular con catro arcos faixóns, capela maior cun arco triunfal e bóveda de aresta, dúas sacristías, torre de campás sobre o frontis e pórtico acaroado o muro dereito do templo. No seu interior, retablo maior, de estilo neoclásico e dúas laterais, de similar do mesmo tempo.
Dentro do edificio ocupan especial lugar os exvotos, en particular as réplicas de barcos ofrendadas despois de saír airosos de momentos difíciles no mar.