Igrexa de San Antón de Vilariño
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 42°31′N 08°48′W / 42.517°N 8.800°W
A igrexa de San Antón de Vilariño, tamén chamado de San Antón Polín ou Ponín, é un pequeno templo católico da parroquia de Vilariño (Cambados), localizado no lugar da Modia. Ao seu carón atópase a casa reitoral, hoxe en día abandonada. Hai séculos albergaba un hospital para necesitados, xestionado por franciscanos da Terceira Orde.
Cada 17 de xaneiro celébrase no seu campo da festa unha concorrida romaría na que se subhastan gadoupas de animal, en lembranza das tentacións que sofreu San Antón no deserto no que viviu retirado.