Santuario da Nosa Señora da Escravitude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Igrexa da Nosa Señora da Escravitude»)
Santuario da Nosa Señora da Escravitude
Vista do santuario
PaísEspaña
LocalizaciónA Escravitude (Cruces, Padrón)
Coordenadas42°47′03″N 8°38′59″O / 42.78402778, -8.64972222Coordenadas: 42°47′03″N 8°38′59″O / 42.78402778, -8.64972222
editar datos en Wikidata ]

O Santuario da Nosa Señora da Escravitude[1] é unha igrexa mariana enclavado na Escravitude, aldea da parroquia de Santa María de Cruces, Padrón. A carón do templo pasa o camiño portugués do Camiño de Santiago.

Orixe[editar | editar a fonte]

A tradición recolle dous feitos que determinaron a construción do templo. O primeiro deles produciuse no 1582, cando Juan Pérez Mondragón, reitor da parroquia de Cruces, estivo a piques de morrer esmagado por unha árbore. Logo de librarse, en sinal de agradecemento á Virxe María, mandou esculpir unha imaxe da Virxe co neno, que foi situada sobre unha fonte que había no lugar, coñecida desde entón coma a Fonte Santa.

O segundo dos feitos tivo lugar no 1732, cando un salnesán que padecía hidropisía se dirixía xunto coa súa muller e a súa filla cara ao hospital de Santiago de Compostela. Ao seu paso pola Fonte Santa, bebeu a súa auga e pediulle axuda á Virxe, e ao cabo de tres días curouse da súa enfermidade. A lenda di que daquela exclamou o seu agradecemento á Virxe por curalo "da escravitude" do seu mal, de onde derivaría o nome do santuario. En sinal de gratitude, doou o carro e os bois. Ó espallarse a nova, a fonte comezou a atraer devotos en busca de curación, o que trouxo consigo tamén un aumento das doazóns.

Historia do edificio[editar | editar a fonte]

Con estas achegas construíuse unha capela onde se albergou a imaxe, chamada xa A Nosa Señora da Escravitude, e co paso do tempo ampliouse ata a actual igrexa. O documento notarial da pintura do retablo maior data a finalización das obras no 1743. No ano 1885, grazas ao financiamento dun galego enriquecido en América, construíuse unha segunda torre simétrica á que xa tiña o templo no 1743, sendo ese o aspecto do edificio que chegou aos nosos días.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fraguas, A. (1995). Romarías e santuarios. Galaxia. p. 55-67. ISBN 84-7154-963-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]