Igrexa Católica Bizantina Albanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Igrexa Greco-católica Albanesa")
Igrexa Católica Bizantina Albanesa
Historia
Fundación 1628 (comunidade orixinal)
1939 (erección da administración apostólica de Albania Meridional) en Albania
Motivo En 1895 un grupo de vilas do sur de Albania volven á comuñón coa Igrexa Católica e piden un bispo do seu rito
Separada de Igrexa Ortodoxa Albanesa
Parte de Igrexa Católica
Goberno
Tipo de goberno Episcopal
Papa Francisco
Administrador apostólico Hil Kabashi
Estrutura Estruturada nunha administración apostólica
Agrupacións Congregación para as Igrexas Orientais
Clasificación
Grupo Catolicismo
Orientación Cristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieis 3.845[1]
Países Albania
Congregacións 9
Ritos litúrxicos Bizantino
Outros datos
Sede central Fiers

A Igrexa Católica Bizantina Albanesa é unha igrexa particular oriental de rito bizantino no seo da Igrexa Católica e, por tanto, en plena comuñón co Papa. Non se debe confundir coa Igrexa Católica Italo-albanesa.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira comunidade católica bizantina de Albania estableceuse en 1628 na costa de Épiro e permaneceu ata 1765, en 1900 un antigo sacerdote ortodoxo estableceu unha nova comunidade de 120 fieis en Elbasan, en 1938 estableceuse unha comunidade de monxes italo-albaneses para o axudar e en 1939 nomeouse un administrador apostólico. En 1945 arredor de 450 fieis compuñan a comunidade, o grupo desfíxose en 1967 ao se declarar Albania un estado ateo. En 1996 nomeouse o primeiro bispo para a administración apostólica, que en 2002 contaba con 2800 fieis, pero a maioría son de rito latino e non hai ningunha parroquia ou sacerdote para os poucos fieis de rito bizantino, polo que é unha comunidade en extinción.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]