Igrexa da Asunción de Benafarces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa da Asunción
Igrexa da Asunción
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCastela e León
TipoIgrexa
AdvocaciónNosa Señora da Asunción
LocalizaciónBenafarces
Coordenadas41°37′16″N 5°17′38″O / 41.621111111111, -5.2938888888889Coordenadas: 41°37′16″N 5°17′38″O / 41.621111111111, -5.2938888888889
CatalogaciónBen de Interese Cultural
3 de novembro de 1994
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseValladolid
Arquitectura
Construciónséculo XVI-Século XVIII
EstiloRenacemento, Barroco
IdentificadorRI-51-0008997
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa da Asunción de Benafarces é un templo católico que se atopa na localidade de Benafarces (provincia de Valladolid). Foi declarado Ben de Interese Cultural.

Características[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María a Nova, igrexa parroquial dedicada á Nosa Señora da Asunción, foi construída en pedra no século XVI. De arquitectura renacentista con elementos góticos, conta cunha única e ancha nave cuberta cunha bóveda de canón apuntado do século XVIII apoiado en arcos faixóns.

Ó costado do lado da epístola atópase na portada, gardada por un pórtico con arco de medio punto e franqueada por columnas corintias que soportan un arco mixtilíneo cunha fornela.

A capela maior está cuberta por unha bóveda de cruceiro de terceletes. O retablo maior, obra barroca do século XVIII, conta cun só corpo tetrástilo e un ático-casca apuntado. Destaca entre tódalas imaxes a dunha Virxe co Neno.

Pese á sólida construción, a finais da década de 1990 e debido ás fortes choivas cederon parte dos cimentos derrubándose a torre e parte dos muros, recubríndose a parede fártante por unha enorme vidreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]