Ignazio Abate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ignazio Abate
Ignazio Abate.jpg
Abate xogando co Milan en xullo de 2010.
Información persoal
Nome completo Ignazio Abate
Nacemento 12 de novembro de 1986 (27 anos)
Lugar Sant'Agata de' Goti, Italia
Altura 1,80 m.
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual Milan
Número 20
Carreira xuvenil
Rescaldina
1999–2004 Milan
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2007 Milan 0 (0)
2004–2005 Napoli (cedido) 29 (2)
2005 Sampdoria (cedido) 0 (0)
2005–2006 Piacenza (cedido) 13 (0)
2006–2007 Modena (cedido) 38 (1)
2007–2008 Empoli 24 (1)
2008–2009 Torino 25 (1)
2009– Milan 88 (0)
Selección nacional
2004 Italia sub-18 3 (0)
2005 Italia sub-19 2 (1)
2005–2006 Italia sub-20 6 (0)
2006–2009 Italia sub-21 10 (1)
2008 Italia sub-23 8 (1)
2011– Italia 5 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 6 de maio de 2012.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 1 de xullo de 2012.

Ignazio Abate, nado o 12 de novembro de 1986 en Sant'Agata de' Goti, é un futbolista italiano. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o AC Milan. Ademais, é internacional na selección de Italia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Abate comezou a xogar no modesto Rescaldina, antes de chegar á canteira do AC Milan en 1999.[1] Fixo o seu debut coma profesional na tempada 2003-04 nun partido da Copa de Italia contra a Sampdoria, o 3 de decembro de 2003. Fixo ademais o seu debut en competicións europeas o 9 de decembro, nun partido da fase de grupos da Liga de Campións contra o Celta de Vigo.

Entre 2004 e 2007, estivo cedido en varios equipos italianos, SSC Napoli, UC Sampdoria, Piacenza e Modena FC. Na tempada 2007-08, fichou polo Empoli FC e fixo o seu debut na Serie A.[2] Esa mesma tempada, anotou o seu primeiro gol na Serie A contra o Genoa CFC o 27 de abril de 2008. O seguinte ano fichou polo Torino FC, onde xogou 25 partidos e anotou un gol.

O 24 de xuño de 2009, o Milan trouxo de volta a Abate, e entrou no plantel para a tempada 2009-10. O 11 de febreiro de 2010, o Milan ofreceulle unha extensión de contrato ata 2014, e Abate asinou a renovación.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Milan
2003–04, 2010-11
  • Supercoppa Italiana: 1
2011

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]