Ignacio Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ignacio Seoane Fernández")

Ignacio Seoane Fernández, nado en Ribadavia en 1900 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un sindicalista, político e dirixente socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ignacio Seoane traballou de panadeiro e militou na UXT e no PSOE. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra pola Fronte Popular. Era membro do Comité da Fronte Popular de Vigo.

Cando tivo lugar o Alzamento Nacional que deu pé á Guerra Civil Española estaba enfermo e retirado en Cotobade, onde foi detido[1], participando na detención a guardia cívica da que formaba parte Víctor Lis Quibén.

O 20 de agosto foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, sendo fusilado unha semana máis tarde no camposanto de Pereiró con outros membros do Comité da Fronte Popular de Vigo, como o alcalde Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores José Antela Conde e os deputados socialistas Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]