Ignacio Diego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ignacio Diego
Ignacio Diego

Actualmente no cargo
Dende o 23 de xuño de 2011
Vicepresidente María José Sáenz de Buruaga
Precedido por Miguel Ángel Revilla

Actualmente no cargo
Dende o 13 de novembro de 2004
Precedido por José Joaquín Martínez Sieso

23 de xuño de 1995 – 25 de outubro de 2006
Precedido por Juan Antonio Maestro
Sucedido por Carlos Cortina

Actualmente no cargo
Desde o 27 de maio de 2007

Datos persoais
Nacemento 18 de maio de 1960 (54 anos)
Castro Urdiales, Cantabria
Partido Partido Popular (PP)
Cónxuxe María Luisa Castañeda
Profesión Enxeñeiro técnico agrícola
Relixión Católico

Juan Ignacio Diego Palacios, nado en Castro Urdiales, Cantabria, o 18 de maio de 1960, máis coñecido por simplemente Ignacio Diego ou Nacho Diego, é un político e enxeñeiro español, oitavo presidente de Cantabria desde xuño de 2011 e sétima persoa que ocupa este cargo.

Foi elixido concelleiro no concello de El Astillero nos comicios de 1987 e 1991, e desempeñou as tarefas de alcalde do mesmo municipio tras as eleccións de 1995, 1999 e 2003. Desde 2004 preside o Partido Popular de Cantabria.

Carreira política[editar | editar a fonte]

No ano 1988 foi elixido presidente de Nuevas Generaciones do Partido Popular de Cantabria e foi deputado do Congreso, membro do gabinete da presidencia da Asemblea Rexional e director xeral de Medio Ambiente.

Desde 1995 ocupou o cargo de alcalde do municipio de El Astillero con maioría absoluta e en noviembre de 2004 foi elixido presidente do PP de Cantabria, substituíndo a José Joaquín Martínez Sieso no cargo. Ignacio Diego é deputado do Grupo Popular, membro da Comisión de Regramento e forma parte también da Deputación Permanente.

En outubro de 2006 anunciou a súa dimisión como alcalde de Astillero para presentarse á presidencia do Goberno de Cantabria como candidato do PP nas eleccións autonómicas de 2007.[1]

En ditos comicios, Ignacio Diego obtivo 17 escanos, polo que non conseguiu a maioría absoluta, dando lugar a que o pacto entre socialistas (PSC-PSOE) e rexionalistas (PRC) se revalidara de novo.

Foi reelixido presidente do Partido Popular de Cantabria co 94,5% dos votos no X Congreso Rexional, celebrado en Santander o 4 de outubro de 2008.

Presidencia de Cantabria[editar | editar a fonte]

Nas eleccións do 22 de maio de 2011 gañou por maioría absoluta os comicios fronte ao anterior presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla. O 23 de xuño do mesmo ano foi investido polo Parlamento como novo presidente autonómico[2] e o luns 27 de xuño tomou posesión como tal.

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Presidente de NNGG de Cantabria.
  • Alcalde de El Astillero. (1995-2006)
  • Presidente do PP de Cantabria. (Desde 2004)
  • Deputado do Parlamento de Cantabria. (Desde 2007)
  • Presidente de Cantabria. (desde 2011)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ignacio Diego
Predecesor:
Juan Antonio Maestro
Escudo de Astillero (Cantabria).svg
Alcalde de El Astillero

1995-2006
Sucesor:
Carlos Cortina
Predecesor:
José Joaquín Martínez Sieso
People's Party (Spain) logo.svg
Presidente do PP de Cantabria

2004-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
José Joaquín Martínez Sieso
Líder da oposición en Cantabria
2004-2011
Sucesor:
Miguel Ángel Revilla
Predecesor:
Miguel Ángel Revilla
Coat of Arms of Cantabria.svg
Presidente de Cantabria

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Lola Gorostiaga
Coat of Arms of Cantabria.svg
Portavoz do Goberno de Cantabria

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo