Ignacio Codesido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaIgnacio Codesido
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Touro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Touro Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Partido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Ignacio Codesido Barreiro, nado en Touro o 20 de outubro de 1956, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado de Caixa Galicia en excedencia. Entrou en política como concelleiro de Touro en 1987 como cabeza de lista do CDS. En xaneiro de 1990 fíxose coa alcaldía a través dunha moción de censura. Presentouse ás eleccións de 1991 como independente resultando ser a forza máis votada, porén non conseguiu a alcaldía por un pacto entre PPdeG e PSdeG-PSOE. Volveu ser alcalde en maio de 1994, tras unha moción de censura apoiada polos socialistas. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE, obtivo a maioría absoluta e continuou de alcalde. En decembro de 1998 abandonou a disciplina socialista para encabezala candidatura do PPdeG nas municipais de 1999, porén tras diferentes desencontros coa formación conservadora foi cabeza de lista de Democracia Galega e revalidou a alcaldía con maioría absoluta.

En xuño de 2002 anunciouse a integración do seu grupo de goberno no PPdeG, co cal viña gobernando en coalición trala marcha dun edil do seu grupo que o deixou en minoría,[1] Nas eleccións municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta como cabeza de lista do PPdeG. Volveu ser elixido polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2023 retirouse como candidato e foi substituído á fronte do PPdeG por Jesús Reboredo González.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ramón Diéguez Reboredo
 
Alcalde de Touro
 
1990 - 1991
Sucesor:
Ramón Diéguez Reboredo
Predecesor:
Ramón Diéguez Reboredo
 
Alcalde de Touro
 
1994 - 2023
Sucesor:
Roberto Castro Rocamonde