Ignacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martirio de San Ignacio de Antioquía

Ignacio[1] (pronuncia: iɡˈnaθjo̝, iˈnaθjo̝ ou iˈnasjo̝) é un antropónimo de varón en lingua galega. O seu feminino é Ignacia. Existen varias hipóteses sobre a súa orixe etimolóxica, existindo concordancia en que era un nome existente xa no século I en Antioquía. En galego non se adoita pronunciar o g, respectado por etimoloxía, por este mesmo motivo en portugués adóitase grafar de Inácio. Con todo, non foi un nome común en Galiza; de feito ningunha parroquia ten a Santo Ignacio coma padroeiro.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Aínda que non existe claridade respecto da súa etimoloxía, a primeira persoa documentada que usou este nome no século I, foi Ignacio de Antioquía discípulo dos apóstolos Xoán, Pedro e Paulo, polo que se propuxo que a súa orixe sería grega ou canda menos de raíz indoeuropea.

Unha liña etimolóxica sostén que a súa orixe deriva do latín Ignatius, e este da raíz ignis (lume), polo que significaría fogoso ou afervoado. Ignacio < Ignatius < ignis (‘lume’ en latín) < *egni (protoindoeuropeo ou PIE). Compárese o PIE egni co termo sánscrito agni (‘lume, lume cerimonial’), ogni (eslavo antigo, do século IX), e ugnis (‘lume’ en lituano). A segunda parte do nome viría do latín natus (nacer) polo que Ignatius viría a significar nado do lume.

Outra etimoloxía dá conta de: Ignacio < Ignatius (latín) < Ignêtes (en grego) ‘innato’ (A. D., H.), tamén ‘nome dos habitantes orixinarios da antiga Rhodas’ (Simmias 11, H.).

Sabino Arana na súa obra póstuma Deun Ixendegi Euzkotarra (Santoral onomástico éuscaro) propón que Ignacio é unha forma castelanizada de Iñaki. Por mor do cambio de nome que adoptou Ignacio de Loiola cuxo nome previo era Íñigo adóitase confundir Iñaki como a versión de Íñigo.

O nome en Galiza[editar | editar a fonte]

Ningunha parroquia galega ten a Santo Ignacio coma padroeiro. É ademais un nome pouco frecuente comparado con outras rexións de España. Abunda na metade norte da península coa excepción de Galiza e Cataluña. Só 2.932 persoas levan o nome de Ignacio en Galiza, levando 95 mulleres a variante feminina Ignacia. 18 persoas levan o nome de Nacho directamente en Galiza[2].

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Feminino: Ignacia.
  • Diminutivo (do español): Nacho.
Variantes noutras linguas
Alemán Ignatius, Ignaz
Aragonés Inazio
Armenio Իգնատիոս (Ignatios)
Asturiano Inaciu
Azarí İqnati
Bosníaco Ignacije
Bretón Ignas
Búlgaro Игнатий (Ignatij)
Castelán Ignacio
Catalán Ignasi
Checo Ignác
Corso Gnaziu
Croata Ignacije
Dinamarqués Ignatius
Eslovaco Ignác
Esloveno Ignacij
Esperanto Ignaco
Éuscaro Iñaki
Finés Ignatius
Francés Ignace
Galego Ignacio, Inacio
Grego Ιγνάτιος (Ignátios)
Holandés Ignatius, Ignaas
Húngaro Ignác
Inglés Ignatius
Irlandés Iognáid
Islandés Ignatíus
Italiano Ignazio
Latín Ignatius
Letón Ignācijs
Lituano Ignacijus, Ignotas, Ignas
Noruegués Ignatius
Piamontés Ignassi
Polonés Ignacy
Portugués Inácio
Romanés Ignațiu
Ruso Игнатий (Ignatij)
Sardo Ignàziu
Serbio Игнатије (Ignatije)
Siciliano Gnazziu
Sueco Ignatius
Ucraíno Ігнатій (Ignatij)
Xeorxiano იგნატი (Ignati)

Santoral[editar | editar a fonte]

Hai diversas entradas no santoral para Santo Ignacio:

Personaxes célebres[editar | editar a fonte]

Galegos[editar | editar a fonte]

Outras personalidades[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome propio en galego segundo o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega da USC - http://ilg.usc.es/pronuncia/?pq=&q=Ignacio&l=1&propios=on&c%5B%5D=1&c%5B%5D=2&c%5B%5D=3
  2. A partir dos datos do Instituto Nacional de Estadística - http://www.ine.es/tnombres/formGeneralresult.do?vista=1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]