Iereván - Երեվան

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Iereván - Երեվան
Yerevan coa.gif Yerevan flag.gif
Ձմռան Երեւանը.JPG
Iereván en inverno, ao fondo Ararat.
Situación xeográfica
Am-map1.png
Estado: Flag of Armenia.svg Armenia
Rexión:
Subrexión:
Distrito:
Xeografía
Altitude: 900-1300 msnm
Superficie: 227 km²
Poboación
Poboación total: 1.088.300 hab. (2005)
Densidade de poboación: 4.794´3 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal: 0001-0099
Alcalde: Taron Margaryan (HHK)
Sitio na web: www.yerevan.am


Iereván (Երևան ou Երեւան en armenio segundo a ortografía, pronunciado [ˌjerəˈvɑːn]) é a capital de Armenia. Localizada nas ribeiras do río Hrazdan a 1.200 m de altitude, ten 1.088.300 habitantes (2004).

Historia [editar]

Véxase tamén: Historia de Armenia.

Historia antiga [editar]

Iereván é unha cidade antiga que aparece xa nunha estela do rei de Urartu Argishti I, que lembra a fundación de Erebuni (Էրեբունի) no ano 782 a.C.; na actualidade aínda se conservan as ruínas da fortaleza. Desde entón ten sido un lugar de importancia estratéxica e unha encrucillada de camiños nas rutes de caravanas que ligaban Europa e a India. Foi denominada Iereván (ou Ereván) desde, polo menos, o século VII a.C., cando era capital de Armenia sob dominio dos persas.

A cidade seguíu, en xeral, o destino de Armenia, sendo desputada por romanos e persas ou partos, até que pasou a dominio musulmán e de sucesivas dinastías rexionais. Máis tarde foi obxecto de disputa entre Persia e o Imperio Otomán. Foi sede seu dun kanato independente á morte de Nadir Shah (Kanato de Iereván). Conquistada por Rúsia en 1827, os persas cedérona formalmente en 1828.

Historia contemporánea [editar]

No ano 1918, ao rematar a Primeira Guerra Mundial, foi declarada capital da nova República independente de Armenia, e entre 1920 e 1990 foino da República Socialista Soviética de Armenia, dentro da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. En 1991, xa con o país de novo independente, mantivo o rango de capitalidade e o seu urbanismo foi remodelado para tentar eliminar as características soviéticas.