Idiolecto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O idiolecto é a variedade lingüística utilizada por un individuo concreto. O termo introduciuno Bernard Bloch en 1948 nun artigo da revista Language, "A set of postulates for phonemic analysis", ao observar que ningún individuo fala exactamente como outro e que na fala de cada individuo particular existe un sistema lingüístico homoxéneo.