Identificación biométrica da xeometría da man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A xeometría da man é un método de identificación biométrica que identifica aos usuarios pola forma das súas mans. Os lectores de xeometría das mans toman medidas de distintas distancias entre puntos das mans dos usuarios, e comparan estas medidas coas almacenadas nun ficheiro.

A identificación usando a xeometría da man é un método de autenticación (un a un), non de identificación (un a varios), co cal non é un método válido para usar con bases de datos de usuarios moi grandes, si non se combina non algún sistema de identificación.

Proceso[editar | editar a fonte]

Existen dous tipos de dispositivos de lectura da xeometría da man: mecánicos e baseados en imaxes.

O patrón informático que se obten a partir da xeometría da man é un dos máis lixeiros de tódolos métodos biométricos, ocupando normalmente menos de 10 bytes.

Historia[editar | editar a fonte]

É un dos primeiros métodos de identificacion biométrica en ser automatizado. Fabrícanse dispostivos biométricos baseados na xeometría da man dende comezos da decada de 1980.

Fiabilidade[editar | editar a fonte]

A fiabilidade deste método non é tan alta como a de outros métodos biométricos, como as pegadas dactilares ou o escaneo do iris. A xeometría da man non é unha característica única do individuo, por iso acostuma a usarse en combinación con outras formas de identificación, como tarxetas ou PINs.

Segundo un estudo[1] publicado no 2002 por Biometric Technology, a taxa de erro cruzado[2], é menor que 1/500 (sobre unha base de datos moi pequena).

Facilidade de uso[editar | editar a fonte]

Prevención de ataques[editar | editar a fonte]

Aceptación[editar | editar a fonte]

Permanencia[editar | editar a fonte]

Un dos problemas dos sistemas de identificación baseados na xeometría da man, é que soamente as persoas adultas, que xa non están na fase de crecemento, poden usalo sen ter que rexistrar cada pouco tempo as novas medidas da man do usuario.

Tempo de espera[editar | editar a fonte]

Os sistemas de autenticación baseados na xeometría da man están entre os máis rápidos de tódalas tecnoloxías biométricas. Os sistemas actuais poden determinar si unha persoa é quen di ser en menos de un segundo.

Custo[editar | editar a fonte]

Universalidade[editar | editar a fonte]

Exemplos de uso[editar | editar a fonte]

  • Control do acceso á vila olímpica nos Xogos Olímpicos de 1996
  • En aeroportos, como o aeroporto internacional de San Francisco
  • O sistema de control de viaxeiros frecuentes nas fronteiras dos EEUU (INSPASS) emprega a xeometría da man como método de identificación, aproveitando a rapidez do sistema [1]
  • A Universidade de Xeorxia emprega a xeometría da man dende 1973
  • No exercito dos EEUU
  • En máis do 90% das plantas nucleares dos EEUU
  • En Xapón existen caixeiros automáticos con lector da xeometría da man.

Notas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estudo do Bio Tech Inc
  2. A taxa de erro cruzado (Cross-Over Error Rate CER) é a probabilidade de erro dun sistema cando coincide a probabilidade de falsos negativos e falsos positivos