Ibrox Stadium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ibrox Stadium
Ibrox Inside.jpg
Datos
Localización 150 Edmiston Drive
Ibrox, Glasgow
Escocia, Reino Unido
Construción
Inauguración 30 de decembro de 1899
Renovación 1928
1978–1981
1990–1991
Arquitecto Archibald Leitch
Estadio
Superficie Herba
Dimensións 105 x 69 m
Capacidade 50,987
Propietario Rangers FC
Localía Rangers FC

O Ibrox Stadium (orixinalmente Ibrox Park) é un estadio de fútbol situado na ribeira sur do río Clyde, no distrito de Ibrox da cidade de Glasgow, en Escocia. Inaugurado en 1899, é sede habitual do Rangers FC.

Entrada do Ibrox Stadium

Historia[editar | editar a fonte]

A súa denominación orixinal era a de Ibrox Park mais agora ten coma nome oficial o de Ibrox Stadium. Este estadio ten unha capacidade de 50,987 seareiros con tódalas súas bancadas de sentar e é un dos dous estadios de Escocia, xunto ó Hampden Park, que está denominado pola UEFA coma un cinco estrelas. A nivel nacional tan só lle gaña en aforo, amais de Hampden Park, o Celtic Park que é o de máis capacidade do país.

Este campo de fútbol é a casa do Rangers dende 1899 e así o foi dende entón e o segue a ser nos nosos tempos.

O récord que ostenta este campo é o de maior xente vendo un partido de liga de todo o Reino Unido. Foi en 1939 e asistiron, segundo os datos oficiais que se barallan, 118.567 persoas pra ver un derbi do Old Firm co Celtic.

A súa última renovación data do 1997.

Traxedias na historia do estadio[editar | editar a fonte]

Por desgraza ocorreron ó longo da historia un par de traxedias no Ibrox Stadium, a primeira polos comezos do século XX (1902) e a segunda non hai moito tempo (1971).

A que sucedeu en primeiro termo foi a do 5 de Abril do 1902 nun partido entre as selecións nacionais de Escocia e de Inglaterra namentres dun encontro do Campionato Británico. Parte dunhas bancadas, que eran de madeira, viñéronse cara embaixo caendo os afecionados alí presentes dende unha altura dunhos 12 m. do xeito que houbo 26 vítimas mortais e arredor de 500 feridos chegando a ser, daquela, o peor dos desastres acaecidos nun encontro de fútbol. A resposta inmediata ante este suceso foi o reforzamento dos graderíos con formigón en todo o Reino Unido.

E a segunda ocorreu no 2 de Xaneiro de 1971 cando nun partido contra os eternos rivais (o Celtic) o conxunto local foi quen de consegui-la igualada a un tanto nos derradeiros intres do encontro o que supuxo unha reación de tolemia xeralizada entre os Bluenoses que rematou en 66 mortos e arredor de 200 feridos.