Ibrahim Afellay
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Ibrahim Afellay | ||
| Nacemento | 2 de abril de 1986 (27 anos) | ||
| Lugar | Utrecht, Países Baixos | ||
| Altura | 1,81 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Schalke 04 | ||
| Número | 11 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| USV Elinkwijk | |||
| 1996–2003 | PSV | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2003–2011 | PSV | 159 | (35) |
| 2012– | Schalke 04 | 1 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2007– | Países Baixos | 41 | (5) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 1 de setembro de 2012. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 17 de xuño de 2012. |
|||
Ibrahim Afellay, nado en Utrecht o 2 de abril de 1986, é un futbolista neerlandés de ascendencia marroquí. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o FC Schalke 04.
Índice |
Traxectoria [editar]
PSV Eindhoven [editar]
Iniciou a súa carreira deportiva no USV Elinwijk, antes de que o 4 de febreiro de 2004 debutase no profesionalismo co PSV Eindhoven, nun partido da Copa dos Países Baixos ante o NAC Breda. Dez días despois debutou na Eredivisie ante o FC Twente. Na campaña 2003/04 apenas xogou tres partidos. Na 2004/05 xogou en sete encontros.
O 15 de maio de 2005 xogou ante o Feyenoord, e deixou unha boa impresión, anotando dous goles. Despois foise afianzando no once inicial desde a tempada 2005/06, coas saídas de Johann Vogel e Mark van Bommel. Desde ese instante foi figura na obtención de tres ligas (2006, 2007 e 2008), e obtendo bos resultados na Liga de Campións. O 24 de outubro de 2010 participou co seu equipo, o PSV Eindhoven, na histórica vitoria ante o Feyenoord Rotterdam por 10:0, marcando o segundo gol do seu equipo.
FC Barcelona [editar]
O 16 de novembro de 2010, o Futbol Club Barcelona anunciou un acordo co PSV Eindhoven para o traspaso do xogador.[1] Finalmente, o 24 de decembro, asinou o seu contrato como novo xogador do Barcelona por catro tempadas e media.[2][3]
O 2 de febreiro de 2011, Afellay marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Barça, no partido de volta das semifinais da Copa do Rei, contra o Almería, partido que terminaría 3 a 0 a favor do conxunto catalán. Na súa primeira tempada no club blaugrana, proclamouse campión da Liga española e da Liga de Campións da UEFA.
Selección nacional [editar]
Ibi, como é alcumado, foi internacional coa Selección de fútbol dos Países Baixos en 26 ocasións, onde anotou 3 goles. Debutou o 28 de marzo de 2007 nun encontro clasificatorio para a Eurocopa 2008. No campionato europeo xogou ante Italia (partido que se saldou con triunfo orange por 3-0); e ante Rusia, que os eliminaría en cuartos de final.
Foi seleccionado para disputar o Mundial de Sudáfrica 2010 no cal proclamouse subcampión do Mundo tras a derrota da súa selección ante España por 0-1. Nesta competición xogou 3 partidos, todos eles saíndo desde o banco. O 12 de outubro do 2010, anotou 2 goles e asistiu un, no partido de clasificación para a Eurocopa de 2012, ante Suecia.
Estatísticas [editar]
| Club | Tempada | Liga | Copa | Europa | Outros1 | Total | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||
| PSV |
2003–04 | 2 | 0 | 1 | 0 | — | — | 3 | 0 | ||
| 2004–05 | 7 | 2 | 2 | 0 | — | — | 9 | 2 | |||
| 2005–06 | 23 | 2 | 2 | 0 | 8 | 0 | 1 | 0 | 34 | 2 | |
| 2006–07 | 27 | 6 | 2 | 0 | 5 | 0 | — | 34 | 6 | ||
| 2007–08 | 24 | 2 | 0 | 0 | 8 | 0 | 1 | 0 | 33 | 2 | |
| 2008–09 | 28 | 13 | 1 | 0 | 4 | 0 | 1 | 0 | 34 | 13 | |
| 2009–10 | 29 | 4 | 4 | 1 | 11 | 1 | — | 44 | 6 | ||
| 2010–11 | 19 | 7 | 1 | 0 | 6 | 1 | — | 26 | 8 | ||
| Total | 159 | 36 | 13 | 1 | 42 | 2 | 3 | 0 | 217 | 39 | |
| FC Barcelona |
2010–11 | 15 | 0 | 6 | 1 | 5 | 1 | — | 14 | 1 | |
| Total | 15 | 0 | 6 | 1 | 5 | 0 | — | 26 | 1 | ||
| Total carreira | 174 | 36 | 19 | 2 | 47 | 2 | 3 | 0 | 243 | 40 | |
1Inclúe outras competicións como: Supercopa dos Países Baixos, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs da FIFA.
Palmarés [editar]
Campionatos nacionais [editar]
Campionatos internacionais [editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Liga de Campións | FC Barcelona | Londres (Reino Unido) | 2011 |
Distincións individuais [editar]
| Distinción | Ano |
|---|---|
| Talento do ano nos Países Baixos | 2007 |
Notas [editar]
- ↑ fcbarcelona.com. "Acordo co PSV para o traspaso de Afellay". http://www.fcbarcelona.com/web/castellano/noticies/futbol/temporada10-11/11/15/n101115114035.html. Consultado o 16 de novembro de 2010.
- ↑ Firma por catro tempadas e media
- ↑ Afellay, na súa presentación: "O Barça é máis que un club"