Iban Mayoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iban Mayoz

Información persoal
Nacemento Iban Mayoz
30 de outubro de 1981 (42 anos)
Donostia, Guipúscoa
Nacionalidade País Vasco País Vasco
Equipo
Último equipo Karpin Galicia
Equipo(s) Pro
2004-05
2006-07
2008
Relax-Fuenlabrada
Euskaltel-Euskadi
Karpin Galicia

Iban Mayoz, nado o 30 de setembro de 1981 en Donostia, Guipúscoa é un ciclista vasco.

Criado en Azpeitia, comezou a súa traxectoria ciclista no ciclocross, obtendo un terceiro posto (1997) e un subcampionato (2001) nos estatais desta especialidade nos seus treitos de idade (sub19 e sub23, respectivamente). En 2004 incorpórase á profesionalidade no ciclismo en estrada, ao fichar polo Relax-Fuenlabrada, onde está dous anos. En 2006 pasa ao Euskaltel-Euskadi e en 2008 ficha polo Karpin Galicia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión das metas voantes na Volta a Euscadi, 2005
  • Subcampión de España sub23 de ciclocross (2001)
  • Bronce no campionato de España sub19 de ciclocross (1997)