Iago Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIago Martínez
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Iago Martínez Durán, nado en Vigo en 1979, é un xornalista, crítico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa faceta de xornalista traballou ou segue traballando no Miñor, Atlántico Diario, na redacción viguesa do diario gratuíto 20 minutos, en Tempos Novos, no suplemento cultural Nós e mais no suplemento de libros ProTexta. Coordinou o suplemento cultural de Xornal de Galicia, onde tamén se ocupou de información política, ás veces como columnista.

É coguionista e codirector da longametraxe documental sobre o poeta Lois Pereiro, en fase de montaxe, e colaborador da revista musical Rockdelux.

Por outra banda, está ligado á plataforma civil a prol da lingua galega ProLingua e é o responsable da canle de televisión dixital Galiza Ano Cero. Dirixe a revista Luzes, creada por Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas.

Marea Atlántica[editar | editar a fonte]

Ë un dos fundadores da Marea Atlántica. Foi o seu coordinador na campaña electoral das eleccións municipais de 2015, e logo xefe de gabinete do alcalde Xulio Ferreiro durante os seus catro anos de mandato.

Desde 2019 é concelleiro do Grupo Municipal da Marea Atlántica no Concello da Coruña.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É sobriño do actor Antonio Durán, Morris.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "Sr. D. Iago Martínez Durán". Transparencia. Consultado o 2023-02-13.