Iago Aspas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIago Aspas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Iago Aspas Juncal Editar o valor em Wikidata
1 de agosto de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura176 cm Editar o valor em Wikidata
Peso67 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaPrimeira División Española Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2004-2005 Real Club Celta de Vigo
2006-2009 RC Celta B 84(11)
2008-2013 Real Club Celta de Vigo 139(46)
2014-2015cesión Sevilla Fútbol Club 16(2)
2015- Real Club Celta de Vigo 216(113) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2016-   Selección de fútbol de Galicia 1(1)
2016-2023   España 20(6) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018 Editar o valor em Wikidata

Twitter: aspas10 FIFA: 402138 UEFA: 109132 Editar o valor em Wikidata
Aspas adestrando co Celta en 2013

Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987,[1] é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo.

Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.[2]

En xuño de 2013 anunciouse a súa fichaxe polo Liverpool FC, e tras un ano en Inglaterra e outro cedido en Sevilla volveu a Vigo en propiedade.

É irmán de Jonathan Aspas, sobriño de Cristóbal Juncal e curmán de Aitor Aspas, Adrián Cruz e Raúl Blanco, todos eles tamén futbolistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Fillo dun conquense e unha galega, naceu nunha familia moi vencellada ao fútbol, sendo seu tío o futbolista Cristóbal Juncal e os seus irmáns máis vellos Urbe e Jonathan Aspas, tamén futbolistas.[3]

Iago iniciou os seus pasos como futbolista nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo á idade de oito anos. Alí formouse até chegar ao filial do equipo celeste á idade de dezanove anos, coincidindo con outros xogadores como Dani Abalo ou Roberto Lago. Na tempada 2008-09 o adestrador celeste Pepe Murcia convócao para realizar a pretempada, mais a pesar das súas boas actuacións, non chega ter continuidade no primeiro equipo.

Debut no primeiro equipo[editar | editar a fonte]

O seu debut co primeiro equipo produciuse no Estadio de Balaídos o 7 de xuño de 2009. A falta de tres xornadas para terminar a tempada, o Celta enfrontábase ao Alavés, "un rival directo na loita pola permanencia". A importancia do devandito partido reflectíase en que unha vitoria do Alavés condenaba ao Celta aos postos de descenso a falta de tres xornadas, perigando así a súa existencia como entidade. O partido transcorreu con claro dominio do Alavés, equipo ao que lle sucedían as ocasións máis claras de gol. O entón adestrador Eusebio Sacristán decidiu buscar máis mobilidade no equipo, e no minuto 60 fixo debutar como revulsivo ao canteirán Iago Aspas.

As súas ganas fixéronse patentes nada máis entrar, xa que tivo dúas ocasións moi claras que evitou o meta Bernardo. A súa insistencia tivo premio no minuto 80, no que Iago rematou coa cabeza un centro do seu compañeiro Dani Abalo, pondo por diante aos celestes a falta de dez minutos. Con todo, un fallo da defensa permitiu ao dianteiro Juanjo marcar o gol do empate a tan só dous minutos do final. Pero unha vez máis, xa no tempo de desconto, o futbolista moañés volveu marcar, aproveitando un rexeitamento do porteiro rival, o que o converteu no salvador da categoría, asegurando así unha praza no primeiro equipo para a próxima tempada e o apoio e agarimo da afección.[4]

Primeiro equipo[editar | editar a fonte]

A campaña 2009-10 supuxo a súa estrea como profesional e a súa presentación de cara á afección celeste. Co dorsal 11 nas costas, fixo unha tempada na que amosou as súas habilidades, facendo un total de 6 goles en 31 partidos, aínda que sen contar con continuidade no once titular e coa competencia constante de Roberto Trashorras. A campaña 2010-11 sería a máis completa até ese momento do moañés, aínda que con menos participación foi o gran revolucionario na recta final do campionato, na que substituíu a David Rodríguez como dianteiro centro por diante de Papadopoulos, gañando a confianza de Paco Herrera. Foi unha boa campaña do moañés na que gañaría fama por mor dunha acción en Los Carmenes, Granada, debido a unha fortuíta acción co chantadino Roberto, gardameta dos granadinos, na ida dos play-off de ascenso a Primeira División, desatando así unha nova rivalidade entre clubs.

Na tempada 2011-12 convértese no máximo goleador nacido no estado español e do Celta, con 23 tantos en 31 partidos, sendo clave para o ascenso do equipo a Primeira. Foi galardoado ademais, o 13 de novembro de 2012, co trofeo ao mellor dianteiro da categoría de prata da tempada.

Ao seguinte ano, xa na máxima categoría, viuse envolto nunha nova polémica o 15 de marzo do 2013 tras ser expulsado nun partido importante para as aspiracións do equipo no Derbi ante o Deportivo da Coruña por propinar un cabezazo a Marchena. Foi sancionado con catro partidos de suspensión, o que supuxo que o Celta sufrise até a última xornada para lograr a permanencia na Primeira División. Porén, a súa presenza nos últimos partidos foi clave para o funcionamento do equipo. O 1 de xuño de 2013 o Celta certificaría finalmente a permanencia en Primeira gañando o partido contra o Espanyol por 1-0 grazas a unha asistencia súa a Natxo Insa tras unha xogada individual. Este resultado, e a vitoria da Real Sociedad na Coruña, fixo que o Deportivo da Coruña descendese á Segunda División esa tempada.

Na Premier League[editar | editar a fonte]

Despois da súa gran tempada en Primeira División, no verán de 2013 ficha polo Liverpool FC, despois de varios meses de negociacións, por un prezo final de pouco máis de 9 millóns de euros, reservándose o Celta a propiedade do 10% dun futuro traspaso do xogador a outro club.[5]

De volta na Liga[editar | editar a fonte]

Ante a falta de minutos en Liverpool foi cedido con opción de compra obrigatoria ao Sevilla FC de cara a tempada 2014/15, porén no equipo sevillano tampouco contou con minutos o que o levou a ter unha relación bastante mala co adestrador do equipo Unai Emery. Ao finalizar o ano foi traspasado ao Celta de Vigo por un importe entre os 4 e 5 millóns de euros[6].

Selección galega[editar | editar a fonte]

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, no cal marcou o tanto galego, que finalizou con empate (1–1).[7]

Equipos[editar | editar a fonte]

Ano Club División País Partidos Liga Goles Partidos Copa Goles Copa Partidos Internacionais Goles Internacionais Partidos Totais Goles Totais
2006-2007 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 21 1 - - - - 21 1
2007-2008 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 32 4 - - - - 32 4
Celta de Vigo Segunda División Galicia 1 0 - - - - 1 0
2008-2009 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 31 6 - - - - 31 6
Celta de Vigo Segunda División Galicia 3 2 - - - - 3 2
2009-2010 Celta de Vigo Segunda División Galicia 36 5 7 1 - - 43 6
2010-2011 Celta de Vigo Segunda División Galicia 30 4 1 1 - - 31 5
2011-2012 Celta de Vigo Segunda División Galicia 35 23 3 2 - - 38 25
2012-2013 Celta de Vigo Primeira División Galicia 34 12 3 0 - - 37 12
2013-2014 Liverpool FC Premier League Inglaterra 14 0 1 1 - - 15 1
2014-2015 Sevilla Fútbol Club Primeira División España 16 2 5 7 5 1 26 10
2015-2016 Celta de Vigo Primeira División Galicia 35 14 5 4 - - 40 18
2016-2017 Celta de Vigo Primeira División Galicia 32 19 5 2 12 5 49 26
2017-2018 Celta de Vigo Primeira División Galicia 34 22 3 1 - - 37 23
2018-2019 Celta de Vigo Primeira División Galicia 27 20 2 1 - - 29 21
2019-2020 Celta de Vigo Primeira División Galicia 37 14 1 0 - - 38 14
2020-2021 Celta de Vigo Primeira División Galicia 33 14 1 0 - - 34 14
2021-2022 Celta de Vigo Primeira División Galicia 37 17 1 0 - - 38 17

[8]

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Trofeo Zarra[editar | editar a fonte]

  • 2011/12: máximo goleador español de segunda división (23 goles)
  • 2016/17: máximo goleador español de primeira división (19 goles)
  • 2017/18: máximo goleador español de primeira división (22 goles)
  • 2018/19: máximo goleador español de primeira división (20 goles)
  • 2021/22: máximo goleador español de primeira división (17 goles; ex aequo)

Premios LFP[editar | editar a fonte]

Premio Manuel de Castro[editar | editar a fonte]

  • 2012: mellor xogador do Celta do ano[10]

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Sede Ano
UEFA Europa League Sevilla F. C. Varsovia 2015

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sport You (ed.). "Ficha de Iago Aspas". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  2. "El debutante Iago Aspas hizo el doblete que le dió el triunfo de la calma al conjunto vigués", artigo en Marca, 6 de xuño de 2009 (en castelán)
  3. Chevilly, C. L. (Febreiro de 2017). "Iago Aspas, nunca es tarde" (PDF). Revista da RFEF (en castelán) (209): 16–19. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2021. 
  4. Iago Aspas pon fin ao calvario
  5. El Celta percibirá más de nueve millones por Iago Aspas Diario Marca, 13 de xuño de 2013
  6. http://www.marca.com/2015/06/12/futbol/equipos/celta/1434133032.html
  7. Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  8. Ficha de Iago Aspas en bdfutbol.com
  9. http://www.laliga.es/noticias/iago-aspas-mejor-jugador-de-laliga-santander-en-octubre
  10. Premio, Manuel de Castro. "Iago Aspas gaña o Premio Manuel de Castro, Hándicap 2012". moiceleste.com. Consultado o 9 de abril de 2016.