Iacarta - Jakarta
Coordenadas: 6°12′S 106°48′E / 6.2°S 106.8°E
| Iacarta - Jakarta | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Provincia: | Iacarta |
| Xeografía | |
| Altitude: | 7 msnm |
| Superficie: | 740´28 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 8.792.000 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 12.957´31 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | www.jakarta.go.id |
Iacarta (Jakarta en bahasa indonesio) é a capital de Indonesia, así como a maior cidade do país con 8.792.000 habitantes e coa área metropolitana chega aos 16.000.000, localízase na illa de Xava, na área lingüística sundanesa, aínda que a lingua maioritaria da cidade é o bahasa indonesio.
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia urbana de Iacarta.
O primeiro asentamento do que temos constancia no que agora é Iacarta foi o porto de Kelapa, preto da foz do río Ciliwung, un asentamento hindú do século V. No século XII era o maior porto do reino hindú de Sunda. Os portugueses foron os primeiros europeos en chegar ata Kelapa, e un rei hindú deu permiso aos comerciantes portugueses para construíren un forte na cidade a comezos do século XVI.
Fatahillah, dirixente dun reino veciño, conquistou a cidade e deulle o nome de Iayakarta en 1527, os holandeses chegaron no século XVI e en 1619 a Compañía Holandesa das Indias Orientais dirixida por Jan Pieterszoon conquistou a cidade, á que lle deu o nome de Batavia. Os xaponeses ocuparon a cidade en 1942 dándolle o actual nome.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]