Primeira República Galega
A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.
Índice |
Acontecementos[editar]
O contexto no que se enmarca esta declaración é tenso, coa recente vitoria republicana e a fuxida do rei español Afonso XIII. Así, a declaración dun Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril, deixando sen traballo a 12.000 obreiros. Con todo e iso, en verdade soamente se debe entender esta declaración de independencia como unha proclama sen efectos reais.
Ese 27 de xuño de 1931, Alonso Ríos é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega[3]. Así, pode falarse desta declaración de independencia como un dos primeiros exemplos reais de soberanía nacional unha vez integrada plenamente Galiza na coroa castelá.
Movemento social[editar]
Foi Alonso Ríos, nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega, e unha multitude quen avanzou en forma de protesta, cara o Pazo de Raxoi, e tomou as dependencias municipais, establecendo o Estado Galego. En Puebla de Sanabria celebrouse unha manifestación que recorreu todas as rúas dirixíndose cara o Concello, onde izaron a bandeira galega. En Santiago de Compostela, os afectos á causa esperaban a insurreción das demáis comarcas, pero o goberno central reanudou a obra do ferrocarril, evitando que a insurreción se expandira. O movemento, perdeu forza e a I República Galega chegou así, ao seu fin.[4]
Notas[editar]
- ↑ Cerceda revivirá o aniversario da República Galega, nova aparecida en Galicia Confidencial o 18 de xuño de 2010.
- ↑ Artigo de opinión en GZnacion.com, aparecido o 28 de agosto de 2009.
- ↑ Portada do xornal Pueblo Gallego.
- ↑ Lo que no te contaron en clase: I República Galega (en castelán)
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- 79 anos despois, artigo aparecido no xornal Galicia Hoxe o 20 de xuño de 2010.
- 27 de xuño de 1931: Proclámase a República Galega, reportaxe aparecida no xornal dixital Vieiros o 22 de xuño de 2010.
- Unas horas de República Gallega no xornal El País o 27 de xuño de 2010. (en castelán)