I Muvrini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
I Muvrini
Muvrini5.jpg
Orixe Córsega, Francia Francia
Período 1979 - actualidade
Xénero(s) folk

I Muvrini é un grupo de música folk corso que canta música corsa en lingua corsa.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo formouse a comezos dos oitenta polos irmáns Ghjuvan Francescu Bernardini e Alanu Bernardini, que naceron na vila de Tagliu-Isulacciu ao norte de Córsega. O seu nome tomárono dunha caste de ovella selvaxe que vive nas montañas de Córsega.

Os irmáns Bernardini foron introducidos á música tradicional corsa a unha idade temperá polo seu pai, Ghjuliu Bernardini, que era un coñecido poeta e cantante. Gravaron o seu primeiro single co seu pai en colaboración co grupo Canta u Populu Corsu. Ghjuliu Bernardini morreu en decembro de 1977 e o primeiro álbum de I Muvrini', I Muvrini ... ti ringrazianu, que saiu á venda en 1979, foi dedicado á memoria do seu pai.

En 2000, I Muvrini xuntouse con Sting para gravar a súa máis famosa canción, "Terre d'Oru" (en inglés Fields of Gold).

A través da súa carreira musical promoveron a lingua e a cultura corsas.

Membros[editar | editar a fonte]

Ghjuvan Francescu Bernardini - voces
Alanu Bernardini - voces
Stephane Mangantini - voces
Achim Meier - sintetizador e piano
Patrick Manouguian/Manu Vergeade/César Anot/Mao Otayeck/Abdenour Djemai - guitarras
Paco Sery - batería
César Anot - baixo e voces
Amar Mohali - tambores

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos, I Muvrini teñen cantado e colaborado con outros artistas:

Discografía seleccionada[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • 1979 - Ti Ringrazianu
  • 1980 - Campemucci
  • 1980 - Anu da Vulta
  • 1981 - Rundinella
  • 1984 - E campà quì
  • 1985 - I Muvrini 85
  • 1986 - Lacrime
  • 1987 - A l'encre rouge
  • 1988 - Pe l'amore di tè
  • 1989 - Quorum
  • 1990 - In core (live)
  • 1991 - A voce rivolta
  • 1993 - Noi
  • 1994 - Zenith 93
  • 1995 - Curagiu
  • 1996 - Bercy 96
  • 1998 -
  • 1998 - Leia
  • 2000 - Pulifunie
  • 2000 - A strada
  • 2002 - Umani
  • 2003 - Terra
  • 2005 - Alma
  • 2007 - I Muvrini et les 500 choristes
  • 2008/2009 - Le dieux EROS (disco aínda inédito)

Vídeos e DVDs[editar | editar a fonte]

  • I Muvrini at Bercy '96
  • Giru FR3
  • Zenith '92
  • Terra
  • Alma 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]