I Don't Know How She Does It

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
I Don't Know How She Does It
Título orixinal I Don't Know How She Does It
[[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]]
Ficha técnica
Director Douglas McGrath
Produtor Donna Gigliotti
Allison Pearson
Bob Weinstein
Harvey Weinstein
Guión Aline Brosh McKenna
Baseado en I Don't Know How She Does It (novela de Allison Pearson)
Intérpretes Sarah Jessica Parker
Pierce Brosnan
Greg Kinnear
Christina Hendricks
Seth Meyers
Jane Curtin
Música Aaron Zigman
Fotografía
Montaxe Kevin Tent
Camila Toniolo
Estudio
Distribuidor Weinstein Company
Ano 2011
Duración 95 min.
País Estados Unidos
Xénero Comedia romántica
Orzamento $24.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

I Don't Know How She Does It é unha comedia romántica estreada o 16 de setembro de 2011 en Estados Unidos. Protagonizada por Sarah Jessica Parker, Pierce Brosnan e Greg Kinnear, dirixida por Douglas McGrath, está baseada na novela de título homónimo de Allison Pearson.

Argumento[editar | editar a fonte]

Kate Reddy (Sarah Jessica Parker) é unha muller que traballa nunha importante compañía financeira en Boston e que ao caer a noite regresa á súa casa xunta dos seus dous fillos pequenos e o seu marido Richard (Greg Kinnear), un arquitecto que acaba de perder o seu emprego. A mellor amiga e compañeira de traballo de Kate, Allison Henderson (Christina Hendricks), vive exactamente a mesma complicada situación de tratar de conciliar a vida laboral e familiar.

O problema vén cando Kate recibe un encargo no traballo que a levará a realizar numerosas viaxes á cidade de Nova York cando o seu home Richard consegue o emprego que sempre desexou, e a situación laboral de ambos fará que o matrimonio se distancie. A situación verase agravada cando o novo compañeiro de Kate, o atractivo Jack Abelhammer (Pierce Brosnan), se converta nunha inesperada tentación que a fará dubidar da súa vida conxugal.

Elenco[editar | editar a fonte]

Sarah Jessica Parker como Kate Reddy.
Pierce Brosnan como Jack Abelhammer.

Produción[editar | editar a fonte]

Rodouse entre o 11 de xaneiro e o 31 de marzo de 2011,[2] integramente na cidade de Nova York, Estados Unidos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "I Don't Know How She Does It en Box Office Mojo" (en inglés). Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=idontknowhowshedoesit.htm. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  2. "Box Office/business - Filming dates" (en inglés). imdb. http://www.imdb.com/title/tt1742650/business. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  3. "Filming locations" (en inglés). imdb. http://www.imdb.com/title/tt1742650/locations. Consultado o 20 de novembro de 2011. 

Véxase[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]