Active Magnetospheric Particle Tracer Explorers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IRM»)
AMPTE/CCE
AMPTE/CCE
TipoEstudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre.
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento16 de agosto de 1984[1][2][3]
Foguete portadorDelta 3924[2][4][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[2]
Duración da misión5 anos
Obxectivo da misiónEstudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[2]
NSSDC ID1984-088A
Masa242 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior31 768,6 km[1]
Inclinación5,2 graos[1]
Apoapse49 759,3 km[1]
Periapse1035,9 km[1]

Active Magnetospheric Particle Tracer Explorers ou AMPTE foi unha misión espacial internacional consistente en tres satélites artificiais adicados ó estudo da interacción entre os ións do vento solar e a magnetosfera terrestre, ó transporte difusivo-convectivo, á enerxización das partículas da magnetosfera e á interacción de plasmas no espazo. Os tres foron lanzados a bordo dun foguete Delta 3924 desde o Centro Espacial Kennedy o 16 de agosto de 1984.[2][4][6][7][8]

Características[editar | editar a fonte]

A misión estaba composta por tres satélites: CCE (Charge Composition Explorer), proporcionado pola NASA; IRM (Ion Release Module), proporcionado pola República Federal de Alemaña; e UKS (United Kingdom Subsatellite), proporcionado polo Reino Unido.[6]

CCE[editar | editar a fonte]

CCE (Charge Composition Explorer) adicábase a detectar ións traza de litio e bario liberados desde o IRM e que eran transportados pola magnetosfera ata a órbita do CCE. O satélite estabilizábase por xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación contido no plano ecuatorial. A nave utilizaba unha cinta cunha capacidade de 2x108 bits como medio de almacenamento de datos. Dispoñía de transpondedores en banda S cunha potencia de 2,5 vatios. A alimentación eléctrica procedía dun panel solar que xeraba 140 vatios de electricidade. O satélite empezou a fallar a principios de 1989, perdéndose o contacto o 12 de xullo dese mesmo ano.[2][6]

Levaba cinco instrumentos a bordo:[5]

  • Experimento de composición do plasma quente (Hot Plasma Composition Experiment, HPCE).
  • Analizador de partículas de enerxía media (Medium Energy Particle Analyzer, MEPA).
  • Espectrómetro de carga-masa-enerxía (Charge-Energy-Mass Spectrometer,CHEM).
  • Experimento de ondas de plasma (Plasma Wave Experiment, PWE).
  • Magnetómetro.
AMPTE/IRM
TipoEstudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre.
Data de lanzamento16 de agosto de 1984[4][7][9]
Foguete portadorDelta 3924[7][10]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[7]
Obxectivo da misiónEstudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[7]
Decaemento8 de decembro de 1987[9]
NSSDC ID1984-088B
Masa705 kg[7][10]

IRM[editar | editar a fonte]

IRM (Ion Release Module) era a parte da misión construída por Alemaña e tiña a función de soltar gases cunha composición determinada que eran ionizados e detectados tanto por CCE como por UKS para estudia-lo comportamento no interior da magnetosfera e na magnetocola, así como a súa interacción co vento solar. O satélite estabilizábase mediante xiro a 15 revolucións por minuto, co eixo de xiro inicialmente no plano da eclíptica para posteriormente ser axustado a ángulos rectos con respecto daquel plano. A enerxía proporcionábaa un panel solar que produdcía 60 vatios de potencia e baterías redundantes. Dispoñía dun sistema de telemetría en banda S, podendo transmitir a 1 ou 8 kbps en frecuencias de 2103,64375 MHz (subida) e 2284,50 MHz (baixada).[7][9][10]

O satélite deixou de funcionar o 14 de agosto de 1986. Levaba os seguintes instrumentos:[10]

  • Experimento de solta de ións.
  • Magnétometro triaxial de porta de fluxo, cun rango de medicións entre 0,1 e 60 000 nT e entre 3 50 Hz.
  • Analizador de plasma tridimensional de 30 canais para electróns de entre 14 eV e 30 keV e ións de entre 20 eV/q e 40 keV/q.
  • Espectrómetro de masas para separación de ións.
  • Espectrómetro de ondas de plasma de 64 canales.
  • Analizador de cargas iónicas de enerxía supratermal.

Inicialmente IRM foi inxectado nunha órbita de 44,2 horas de período, unha inclinación orbital de 28,7 graos, un apoxeo de 119 268 km e un perixeo de 550 km. Debido ó baixo perixeo, o satélite reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1987.[4][9]

AMPTE/UKS
TipoEstudo do medio interplanetario e a magnetosfera terrestre.
Data de lanzamento16 de agosto de 1984[8][11][12]
Foguete portadorDelta 3924[4][8][13]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[8]
Obxectivo da misiónEstudo da interacción entre o vento solar e a magnetosfera terrestre.[7]
Decaemento8 de decembro de 1988[9]
NSSDC ID1984-088C
Masa77 kg[8]

UKS[editar | editar a fonte]

UKS (United Kingdom Subsatellite) era un subsatélite do IRM e foi inxectado nunha órbita inicial cun período de 44,25 horas, unha inclinación orbital de 28,696 graos, un apoxeo de 121 047,5 km e un perixeo de 6885,5 km.[11] A súa función era axudar a distinguir entre a estrutura espacial e os cambios temporais no plasma despois da liberación de ións por parte de IRM. As medicións eran similares ás de IRM e incluían campos magnéticos, ións positivos e electróns, ondas de plasma e modulacións nos fluxos de ións e electróns. O satélite estabilizábase mediante xiro a 12 revolucións por minuto e utilizaba a banda S nas súas comunicacións. Dispoñía dun sistema de propulsión mediante gas frío e un radar de VHF para permanecer a unha distancia relativamente curta de IRM, duns poucos centos de quilómetros. A alimentación eléctrica do satélite fallou o 15 de xaneiro de 1985 e reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1988.[6][8][12][13]

O satélite levaba os seguintes instrumentos:[13]

  • Analizador de modulación de partículas.
  • Analizador tridimensional de electróns.
  • Analizador tridimensional de ións.
  • Magnetómetro triaxial.
  • Espectrómetro de ondas de plasma.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CCE 1 (AMPTE)" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (8 de xullo de 2011). "AMPTE/CCE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  3. "Letter dated 26 October 1984 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (84-29076). 21 de novembro de 1984. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Note verbale dated 11 December 1984 from the Permanent Representative of the Federal Republic of Germany to the United Nations addressed Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (84-34171). 26 de decembro de 1984. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: CCE (AMPTE 1)" (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "AMPTE" (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 NASA (8 de xullo de 2011). "AMPTE/IRM" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 NASA (8 de xullo de 2011). "AMPTE/UKS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IRM 1 (AMPTE)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2011. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "IRM (AMPTE 3)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2011. 
  11. 11,0 11,1 "Note verbale dated 9 August 1985 from the Permanent Representative of the United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland to the United Nations addressed Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (85-23413). 21 de agosto de 1985. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de setembro de 2014. Consultado o 2 de agosto de 2011. 
  12. 12,0 12,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "UKS 1 (AMPTE)" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2011. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "UKS (AMPTE 2)" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2011.