IMEI

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O IMEI (do inglés International Mobile Equipment Identity, Identidade Internacional de Equipo Móbil) é un código pre-gravado nos teléfonos móbiles GSM. Este código identifica ao aparello univocamente a nivel mundial, e é transmitido polo aparello á rede ao conectarse a esta.

Isto quere dicir, entre outras cousas, que a operadora que usemos non só coñece, quen e desde onde fai a chamada (SIM) senón tamén desde que terminal telefónico a fixo (e pódese obter bastante información a partir do como podes comprobar co programa IMEI INFO).

A empresa operador pode usar o IMEI para verificar o estado do aparello mediante unha base de datos denominada EIR (Equipment Identity Register).

O IMEI dun aparello habitualmente está impreso na parte posterior do equipo, baixo a batería. Pódese marcar a secuencia "*#06#"(asterisco, numeral/almohadilla, cero, seis, numeral/almohadilla) para que apareza no display; O IMEI ten 15 cifras (nalgúns teléfonos 14, se omite o ultimo digito SPARE normalmente un 0). O IMEI subdivide en varios campos TAC, FAC, SNR e SPARE.

Índice

[editar] EIR

A EIR é unha base de datos na que existe información sobre o estado dos teléfonos móbiles. Dentro desta base de datos existen tres listas de IMEI: a branca, a gris e a negra.

A lista branca identifica aos equipos que están autorizados de recibir e realizar chamadas. Esta lista debe sempre existir no EIR, aínda cando sexa a única; as outras dúas son opcionais.

A lista gris identifica aos equipos que poden facer e recibir chamadas, pero que poden ser monitoreados para descubrir a identidade do usuario utilizando a información almacenada no chip SIM.

A lista negra identifica aos equipos aos que se lles impide conectarse á rede. contén os identificativos dos equipos roubados ou utilizados de forma ilegal e tamén a daqueles equipos que non poden acceder ao sistema porque poderían producir graves problemas técnicos; Polo tanto, non poden realizar nin recibir chamadas.

[editar] Estrutura do código de IMEI

O código de IMEI consta de catro partes.

Un exemplo de IMEI é: 451236 20 069823 1.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

  • IMEI Number Analysis: Introducindo un IMEI válido, obterás toda a información coñecida do teléfono. (En inglés)
  • IMEI Number Application: Fabricantes de terminais GSM 900 / GSM 1800 / 3GPP WCDMA (e terminais multi-modo ls que inclúen algunhas desas bandas) poden obter a localización de IMEI grazas a BABT. (En inglés)
Ferramentas persoais