Río IJ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "IJ (encoro)")
IJ
IJ 4.88665E 52.39839N.png
Foto aérea do IJ coa Canle do Mar de Norte á esquerda e o IJmeer (Lago do IJ) á dereita
País Países Baixos Países Baixos
Rexión n/d
Nacemento
Altitude n/d
Lonxitude
Caudal medio
Conca
Desembocadura

O IJ (ás veces nos mapas vellos escrito "Y" ou "Ye") é un río, antigamente estuario, situado ao norte de Holanda, nos Países Baixos. É coñecido por ser a "costa" de Ámsterdan. O seu nome deriva do termo xermánico para "auga". Garda semellanza con outros nomes de masas de auga destas linguas. En neerlandés o nome consiste no dígrafo ij, que é considerado unha única letra, e a súa forma con maiúsculas, como nos nomes de lugares é IJ.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome está etimoloxicamente entroncado con outros moitos ríos e encoros como Aa, Ae, Isar ou IJzer, e só quere dicir auga. Na Idade Media construíronse en Ámsterdan moitos diques a ambas beiras do brazo do mar, que paiseniño perdeu o seu carácter de estuario para pasar a ser un río encorado. No século XIX decidiuse secar aínda máis para crear pólderes e construír unha canle cara ao Mar do Norte, o Noordzeekanaal (1876), e un porto novo en IJmuiden (un topónimo que quere dicir foz do IJ). Nesta época tamén se construíron varias illas, para facer peiraos, estaleiros e para o ferrocarril e a estación de Ámsterdan. Isto pechou a cidade da súa "fronte de mar" (ou de río) e desprazou o porto. O IJ ten un rol importante para o abastecemento de auga potábel á área metropolitana de Ámsterdan.

Transbordadores no IJ[editar | editar a fonte]

Como o río rega unha rexión moi urbanizada, sempre houbo moitos transbordadores. Tras a construción de pontes e túneles, o seu rol minguou.

Transbordador cruzando o IJ
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río IJ