Instituto Galego de Estudos Autonómicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "IGEA")

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos, ou IGEA é unha asociación que ten por obxectivos promover o debate social e a reflexión de cariz político. A súa posición ideolóxica, así como a dos seus principais membros, atópase no espazo do nacionalismo de centro.

Historia[editar | editar a fonte]

O IGEA constituíuse o 20 de abril de 1987 baixo a forma xurídica de asociación. Tivo uns primeiros anos de intensa actividade, pero logo nos anos 90 entrou nunha fase de inacción, ata que a comezos de 2005 foi retomada para recuperar o seu espazo de debate.

O seu obxectivo é "investigar os factores políticos, económicos e sociais implicados no proceso de integración europea, de estudar o Estado autonómico e o seu desenvolvemento e perspectivas, así como analizar global e sectorialmente a autonomía galega en todos os seus ámbitos".

Os novos Estatutos (2005) actualizan os fins da institución: acadar un maior coñecemento na Galiza do proceso de integración europea e fornecer a cidadanía galega (...) das ferramentas técnicas precisas para profundar nel e defender no ámbito da UE os dereitos e intereses proprios da Galiza. Fomentar a participación dos cidadáns e axentes sociais (...) no proceso de construción europea e na afirmación dos dereitos dos pobos europeos e, sobranceiramente, das súas nacións sen estado. Achegar reflexións e coñecementos (...) ao proceso de construción do Estado plurinacional español e a afirmación nel dos dereitos nacionais da Galiza, entre outros.

Membros e dirixentes[editar | editar a fonte]

O IGEA sinala (ano 2006) que ten medio cento de socios. O seu presidente é Pablo González Mariñas, o vicepresidente Xoán Antón Pérez-Lema e o secretario xeral Xaime Vila.

Actividades[editar | editar a fonte]

A organización territorial de Galiza, os lumes forestais, o desenvolvemento da Galiza rural ou a consecución dun dominio galego en internet son algunhas das liñas de estudo que quere seguir o Instituto.

Algunhas das principais actividades: