Iniciativa per Catalunya Verds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "ICV")
Iniciativa per Catalunya Verds (ICV)
Partido político de Cataluña
Dirixentes e organización
Líder Joan Saura
(Presidente)
Joan Herrera
(Secretario Xeral)
Filiación internacional Partido Verde Europeo
Historia
Fundación 22 de febreiro de 1987
Posicións políticas
Ideoloxía Ecosocialismo, progresismo, republicanismo, catalanismo, independentismo, federalismo, feminismo e comunismo
Representación
Representación 8 deputados (de 135) no Parlamento de Cataluña
Outros datos
Sede C/ Ciutat, 7
08002 Barcelona
Páxina web www.iniciativa.cat

Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) é un partido político ecosocialista catalán que ten a súa orixe en Iniciativa per Catalunya (IC), unha federación de partidos formada en 1987 polo Partit Socialista Unificat de Catalunya, Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra e o Partit dels Comunistes de Catalunya que incorporou personalidades independentes procedentes dos movementos sociais e que pretendía reorganizar o antigo espazo comunista catalán e abrirse ós novos movementos sociais, mantiña acordos electorais e parlamentarios con Izquierda Unida. O seu primeiro dirixente foi Rafael Ribó que procedía do partido maioritario, o PSUC.

Preséntase desde 2003 xunto con Esquerra Unida i Alternativa ás eleccións ao Parlamento de Cataluña (ICV-EUiA).

Características[editar | editar a fonte]

O discurso da coalición, afastado do comunismo clásico provocou tensións no seu interior e en 1989 o PCC deixou IC, entrementres o PSUC e ENE van cedendo progresivamente a súa soberanía a IC converténdose de feito nun partido político.

En 1995 IC formou con Els Verds (Confederació Ecologista de Catalunya) e o PCC a coalición Iniciativa per Catalunya-Els Verds (IC-V). En 1997 o PCC abandonou a coalición e xunto un sector do PSUC oposto á súa disolución escindido, o PSUC-viu, formou Esquerra Unida i Alternativa que se vinculou a Izquierda Unida, o que provocou que IC dera por finalizados os acordos que mantiña con IU.

Dirixido por Joan Saura, no ano 2002 xa como partido político pasou a denominarse Iniciativa per Cataluña Verds. No 2004 incorporouse a ICV Els Verds-Esquerra Ecologista.

ICV participa no actual goberno catalán, conta con 8 deputados no Parlamento de Cataluña e ten representación no Congreso dos Deputados, no Senado e no Parlamento Europeo, 20 alcaldes e 400 concelleiros foron elixidos nas listas de ICV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]