Iñaki Azkuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iñaki Azkuna
Iñaki Azkuna

4 de xullo de 1999 – 20 de marzo de 2014
Precedido por Josu Ortuondo
Sucedido por Ibon Areso

4 de outubro de 1991 – 2 de xaneiro de 1999
Presidente José Antonio Ardanza
Precedido por José Manuel Freire Campos
Sucedido por Gabriel Inclán Iribar

Datos persoais
Nacemento 14 de febreiro de 1943
Durango
(Biscaia, País Vasco)
Falecemento 20 de marzo de 2014 (aos 71 anos)
Bilbao
(Biscaia, País Vasco)
Partido Partido Nacionalista Vasco
(EAJ / PNV)
Profesión Médico
Relixión Católico

Iñaki Azkuna Urreta, nado en Durango (Biscaia) o 14 de febreiro de 1943 e falecido o 20 de marzo de 2014, foi un médico político vasco do PNV e alcalde de Bilbao.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina e Cirurxía e doutor cum laude pola Universidade de Salamanca, foi especialista en cardioloxía e radioloxía. Foi profesor de Medicina Física e Radioloxía na Universidade do País Vasco e asistente estranxeiro no Hospital Broussais, da Universidade de París. Desde 1973, traballou como médico adxunto e xefe de sección do Hospital de Cruces de Barakaldo e a partir de 1976, Xefe de Servizo de Radioloxía. En 1981 foi nomeado Director do Hospital de Cruces.

Ao ano seguinte é nomeado Director de Hospitais do Goberno Vasco. De 1983 a 1987 desempeña o cargo de Director Xeral do Servizo Vasco de Saúde (Osakidetza).

En xullo de 1989 é nomeado Secretario xeral da presidencia (lehendakaritza) do Goberno Vasco, desempeñando ditos labores durante dous anos, asumindo en 1991 o cargo de Conselleiro no Departamento de Sanidade do Goberno Vasco, responsabilidade que ocupa até 1999.

Nas eleccións municipais do 13 de xuño de 1999 foi elixido alcalde de Bilbao como cabeza de lista da coalición entre o PNV e Eusko Alkartasuna, grazas aos votos dos concelleiros de Euskal Herritarrok; e posteriormente formaría un pacto de goberno con Iniciativa Ciudadana Vasca, partido liderado polo antigo alcalde de Bilbao José María Gorordo, que fora expulsado do PNV.[1] É reelixido para o cargo tras as eleccións municipais de 2003, de novo en coalición con EA, e 2007, xa en solitario, sen obter maioría absoluta en ningunha delas: en 2003 recibe o apoio de Ezker Batua, que se incorporou ao equipo de goberno, e en 2007 da coalición Ezker Batua-Aralar.[2] Finalmente, nas eleccións municipais de 2011 consegue alcanzar a primeira maioría absoluta (15 concelleiros sobre 29) da historia do PNV en Bilbao, permitíndolle logo gobernar esta lexislatura en solitario e quedando os seus antigos socios de goberno, Ezker Batua, fóra do consistorio.

En setembro de 2011, o concello concedeu a preceptiva licenza de derribo do edificio okupado e utilizado como gaztetxe (centro social okupado) de Kukutza III, do barrio de Rekalde.[3][4] A policía local de Bilbao colaborou coa Ertzaintza no acordoamento dos arredores para o desaloxo do edificio.[5] Os sucesos dexeneraron en enfrontamentos entre policía e manifestantes,[6][7][8][9] e supuxeron máis de 810 contedores envorcados, 80 dos cales resultaron calcinados e outros 50 sufriron danos de diversa consideración. Ademais, queimáronse 10 vehículos particulares e foron atacados os batzokis de Rekalde e o Casco Vello, así como varios establecementos bancarios e comerciais. Os destrozos por los disturbios contra el cierre de Kukutza ascendieron a 140.000 euros.[10] Azkuna defendeu a acción policial nestes sucesos, ao igual que o conselleiro de interior Rodolfo Ares, que foi cualificada de desproporcionada polo Ararteko (defensor do pobo) ante o elevado número de partes médicos de lesións, os documentos gráficos e a falta de xustificación da Ertzaintza.[11][12]

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Casado, tivo un fillo.

En 2003 foille diagnosticado cancro de próstata. A pesar da súa enfermidade continuou a carreira política durante máis dunha década.

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Radioangiografía de las cardiopatías congénitas, 1988.
  • Tratado de Cardiología Pediátrica, Salvat, 1983.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iñaki Azkuna
Predecesor:
José Manuel Freire Campos
Escudo del Pais Vasco.svg
Conselleiro de Sanidade do Goberno Vasco

19911999
Sucesor:
Gabriel Inclán Iribar
Predecesor:
Josu Ortuondo
Escudo heráldico de Bilbao.svg
Alcalde de Bilbao

19992014
Sucesor:
Ibon Areso