Hysterical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hysterical
Álbum de Clap Your Hands Say Yeah
Publicado: 12 de setembro do 2011
Datas de gravación:
Estudio(s) de gravación:
Duración: {{{duración}}}
Xénero: indie rock
Selo(s): auto-editado (EEUU)
V2 Records (RU)
Producido por: John Congleton
Cronoloxía
Some Loud Thunder Hysterical -

Hysterical é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Clap Your Hands Say Yeah, editado o 12 de setembro do 2011 no Reino Unido, Europa, Australia e Xapón, e o 20 nos Estados Unidos. O álbum foi producido por John Congleton e a súa portada deseñouna Maya Pindyck. A banda lanzou os temas "Same Mistake" e "Maniac" como sinxelos, e ámbolos dous podendescargarse dende a súa páxina web. Un video da canción "Maniac" foi realizado polo director belga Dieter Dirkx e apareceu o 14 de setembro.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas os temas compostos por Alec Ounsworth.

  1. "Same Mistake"
  2. "Hysterical"
  3. "Misspent Youth"
  4. "Maniac"
  5. "Into Your Alien Arms"
  6. "In a Motel"
  7. "Yesterday, Never"
  8. "Idiot"
  9. "Siesta (For Snake)"
  10. "Ketamine and Ecstasy"
  11. "The Witness' Dull Surprise"
  12. "Adam's Plane"