Humphrey Slater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Humphrey Richard "Hugh" Slater[1] nado en 1906 e finado en 1958, foi un pintor e autor británico.

Índice

Traxectoria [editar]

Criouse en Sudáfrica e asistiu á Slade School of Art a mediados dos anos 1920. Como pintor chegou a exhibir un cadro abstracto na galería de Lucy Wertheim en Londres. O pintor William Coldstream considerouno como "un pintor moi dotado e pouco común".

Na década de 1930 comezou a involucrarse na política anti-nazi e afiliouse ó Partido Comunista. En 1936 participou na Guerra Civil Española como Xefe de operacións para as Brigadas Internacionais.

En 1940, de volta a Inglaterra axudou a Tom Wintringham a configurar o centro de Osterley Park, formación que ensinaba a loita de guerrillas e a guerrilla urbana á Garda Nacional británica. Posteriormente foi recrutado no exército regular.

Entre 1945 e 1947 foi editor da revista Polemic. Por outra banda, o filme Conspirator protagonizado por Elizabeth Taylor e Robert Taylor, está baseado na súa novela The Conspirator.

Publicacións [editar]

  • 1941: Home Guard for Victory!
  • 1946: The Heretics
  • 1948: The Conspirator
  • 1955: Who rules Russia?
  • 1958: The Channel Tunnel
  • 2009: Los herejes, tradución ó castelán de The Herectics
  • 2009: El conspirador, tradución ó castelán de The Conspirator

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]